Atletismo) Comeza o espectáculo do campionato de Galicia de Clubs
Esta fin de semana, O Barco de Valdeorras dará acollida a edición trixésimo segunda do Campionato de Galicia de Clubs Xunta de Galicia despóis de que o ano pasado as circunstancias sanitarias obrigaran a súa cancelación.
Con esta importante cita, ábrense as competicións a
nivel de clubs que terán a súa continuidade cas distintas fases e
grupos das ligas nacionais que darán comezo o vindeiro día 24 de abril.
En
O Barco poderemos ver aos oito mellores equipos galegos en cada unha
das categorías clasificados para este encontro. Os catro primeiros da
edición do ano pasado lograban a asúa clasificación automática,
decidíndose os restantes catro por estadillo de resultados.
O Ría Ferrol domiña ampliamente o histórico de títulos
Na
categoría feminia, o Ría Ferrol, A.Femenino Celta, Gimnástica de
Pontevedra e Escola Atlética Lucense son os clubs que máis posibilidades
contan con estar nos postos de honra de podio. Novamente as ferrolás,
quenes militan na máxima categoría na liga nacional, defenden o título
logrado o ano pasado buscando o que podería ser o seu décimo quinto
título autonómico.
Tamén están clasificados a tomar parte por
estadillos os conxuntos do ADAS Proinor, Ourense Atletismo, C.A.Santiago
e Lucus Caixa Rural.
Intreresante disputa entre Gimnástica e Celta
Na
categoría masculina haberá novamente unha interesante disputa entre a
Gimnástica de Pontevedra e o Real Club Celta de Vigo. A condición de
club militante na División de Honra nacional, outórgalle certa ventaxa
ós pontevedreses quenes defendarán o último título logrado no 2019. Pola
súa contra, os vigueses intentarán facer valer os seus cinco títulos
logrados nos últimos sete anos e que ademáis os poñen ao fronte do
histórico con trece títulos.
Xunto a estes dous clubs estarán
tamén competindo polos postos importantes, o Atletismo Santiago,
Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural, Atletismo Sada, Ourense Atletismo e
Marineda Atlético.
Luis Nogueira na memoria
O
encontro servirá igualmente para render homenaxe ao recentemente
falecido xavelinista internacional e referente do atletismo na comarca,
Luis Nogueira
Publicar un comentario