¡Aleluya! ) El PP por fin se entera de lo que pasa en la Frontera entre Galicia y Portugal
0
Comentarios
Piden a comparecencia urxente dos ministros de Interior; Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana; e Asuntos Exteriores.
Esta situación está ocasionando graves perdas económicas aos transportistas e, en xeral, aos traballadores transfronteirizos.
Os deputados pontevedreses do PP no Congreso, Ana Pastor, Javier Bas e Juan Constenla, e o ourensán Celso Delgado, esixiron hoxe en Madrid a comparecencia urxente dos ministros de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos; de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya; e de Interior, Fernando Grande Marlaska, para que informen nas súas respectivas comisións sobre que actuacións urxentes adoptarán nos seus ministerios para evitar os enormes atascos de tráfico que se están producindo na autovía A-55 para acceder á ponte internacional de Tui e cruzar a fronteira con Portugal. Unha situación que, sinalan, está ocasionando graves perdas económicas aos transportistas e, en xeral, aos traballadores transfronteirizos.
“Estamos preocupados pola situación que se está producindo na fronteira entre España e Portugal, concretamente na autovía A-55 desde Porriño ata a fronteira portuguesa, ata Valença. Onte mesmo houbo unhas colas quilométricas de máis de 10 quilómetros de lonxitude, uns atascos enormes que prexudican a transportistas e a traballadores transfronteirizos. Unha situación que, desde logo, non pode perpetuarse no tempo, máxime cando aínda ata primeiros de maio van estar as fronteiras pechadas e veremos que sucede a partir desas datas”, denuncian os populares, despois de meses de estar caladiños e sen mover ficha no asunto fronteirizo.
Consideran que esta situación non é de recibo e é urxente buscar unha solución a unha circunstancia que xa se está prolongando de xeito importante no tempo. Por iso, entenden que cada un dos tres ministros, dentro das súas competencias, teñen moito que dicir. “Hai que falar coas autoridades portuguesas para buscar solucións porque non se pode manter esta situación por máis tempo. Hai que ter un respecto polos usuarios das autovías. Hai que ter un respecto polos traballadores fronteirizos e hai que posibilitar, como manda a Unión Europea, que o tránsito de mercadorías entre ambos os países flúa con normalidade dentro da situación que estamos a vivir.”
Por último, piden que si é un problema de insuficiencia de medios nos controis, se dote de máis recursos. “Non estamos a falar dun tema menor, senón dunha eurorrexión ten paralizada parte da súa actividade económica, que é moi importante, e debido a circunstancias administrativas que deben, poden e teñen que resolverse”.
Publicar un comentario