Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

AECT Río Minho llama a la libertad de circulación entre Galicia y Portugal y advierte que "a luta continua!"


O vicedirector Uxío Benítez valorou a apertura da raia mais subliñou que “hoxe non é un día para conmemorar, senón para reivindicar”

O AECT entende que está permitido cruzar a raia a toda a cidadanía -non só por traballo- e pide á Xunta que aclare as dúbidas sobre a perimetraxe galega 


O AECT RIO MIÑO ANUNCIA QUE PRESENTARÁ AOS FONDOS EUROPEOS UN ‘PLAN DE CHOQUE’ AMBICIOSO PARA COMPENSAR O PECHE DA FRONTEIRA NO TERRITORIO MIÑOTO 


O AECT Río Miño está a traballar e presentará de maneira inminente un plan propio para reactivar económicamente da fronteira o Río Miño que compense o peche da fronteira con fondos europeos. Así o anunciou hoxe o vicedirector da agrupación, Uxío Benítez, quen valorou positivamente a apertura da raia con Portugal, mais destacou que “hoxe non é un día para conmemorar, senón para reivindicar”.


Benítez recoñeceu que “sempre é mellor abrir un día antes que un día despois”, mais lembrou que o dano económico está feito  por estar tres meses coas fronteiras pechadas: “Nesta historia hai persoas que foron directamente perxudicadas e tamén houbo un dano indirecto ao territorio. Iso é o que hai que sinalar”.


Mirando cara o futuro, o membro do BNG e vicedirector da AECT Rio Minho subliñou que “agora ábrese un novo tempo, o da xustiza e a reivindicación e a reparación dos danos creados”. Confirmou que o AECT vai demandar compensación económica directa para o territorio no que definiu como “un escenario extraordinario” para elo, o creado pola Unión Europea para reactivar economicamente aos estados membros con motivo da pandemia cos fondos europeos do Next Generation. 


Toda vez que as fronteiras -nomeadamente a do río Miño- tiveron un perxuízo económico maior que se constatou e probou con estudos científicos realizados pola Universidade de Vigo, Benítez reclamou que no Next Generation ten que haber partidas específicas concretas para reactivar económicamente o territorio. “Se se crean os Next Generation para reactivar os estados membros hai que reactivar doblemente os territorios que foron doblemente danados. “ Esa vai ser a nosa reivindicación”, insistiu.


O deputado lembrou que en breve vaise abrir tamén a execución do Cadro comunitario 2021-2027, no que normalmente xa hai partidas de cooperación transfroneririza. Eses fondos, dixo, tamén deben ter en conta a situación do Miño e incluír partidas específicas para o Miño. “Hai que redoblar esforzos e os recursos económicos da cooperación transfronteiriza na fronteira”, fixo finapé.


Para optar a todos eses recursos europeos, Benítez manifestou que nos vindeiros meses o AECT vai presentar “os nosos propios proxectos, o noso propio plan” para a reactivación da fronteira económica do Río Miño “de maneira ambiciosa”. 


Por outra parte, pediu axuda aos estados centrais para que poñan en marcha instrumentos de compensación directa, axudas económicas, ás persoas traballadoras que de media gastaron a mais entre 200 e 300 euros en combustible e perderon o tempo en colas e rodeos durante o peche da fronteira.


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén quixo hoxe manifestarse en relación á apertura da raia. Sumouse ás reivindicacións do territorio miñoto e destacou que hai moita xente que vive da interrelación económicoa de proximidade na zona, unha das máis relevantes da fronteira en todo o Estado. “Cando se toman decisións, hai que ter en conta a realidade dos territorios”, puntualizou Silva.


"Cruzar a fronteira, permitido para toda a cidadanía"


O AECT Río Miño, en boca do seu vicedirector, manifestou a súa interpretación dos últimos cambios sobre a fronteira, que segundo dixo, permiten que calquera persoa se pode mover pola fronteira do Miño : “Non só os traballadores, senón tamén as persoas que desenvolven a súa vida cotiá ou queren acceder a todo o comercio transfronteirizo, etc”, dixo.


Explicou que o AECT interpreta que as competencias para rexer a mobilidade na fronteira do Río Miño son de nivel estatal, xa que a Xunta ten competencias para perimetrar fronteiras entre comunidades autónomas, pero non fronteiras entre Estados. 


Benitez indicou que na mañá de hoxe tratou este tema co director xeral de Relacións Exteriores  do goberno galego, Jesús Gamallo, quen corrobourou que a interpretación que fai a Xunta de Galicia é a mesma que a do AECT. 


En todo caso Benítez pediu á Xunta que aclare as dúbidas xeradas polas interpretacións e emita un comunicado “porque quedaría todo mellor para que a cidadanía o entendese ben”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement