Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

A Xunta inicia o proceso de adxudicación de 24 vivendas de promoción pública no concello de Vigo



A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou o inicio do proceso de adxudicación das 24 vivendas de promoción pública que a Xunta de Galicia constrúe na rúa Canicouva no concello vigués. A representante autonómica salientou así que estas actuacións responden á ambiciosa política de vivenda da Xunta, que se marca como prioritario a construción de vivendas protexidas nas cidades galegas, e que no caso de Vigo se suman ás 33 xa adxudicadas na rúa Ignacio Grobas.

Trátase de inmobles de 4, 3 ou 2 dormitorios, 3 deles adaptados a persoas con mobilidade reducida, que contan con garaxe e rocho, patio exterior e con acabados de calidade. Ademais, indicou Fernández-Tapias, localízanse nunha zona estratéxica da cidade como é o acceso á Universidade e ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro.

O obxectivo desta intervención na que a Xunta está a investir 3,4 millóns de euros, segundo subliñou durante unha visita esta mañá á promoción, é o de facilitar o acceso a unha vivenda a todas as familias que precisen axuda a un custe asumible.

Así, sinalou que os adxudicatarios provisionais sairán dun sorteo ante notario o 13 de maio entre as persoas que estean inscritas na cidade no Rexistro de demandantes de vivenda.

Neste contexto, Fernández-Tapias recordou que os orzamentos autonómicos do 2021 apostan por un importante investimento en materia de vivenda pública na cidade de Vigo que se completa co impulso do ámbito residencial de San Paio de Navia, ao que se destinan máis de 12,5 millóns de euros que inclúen, destacou: 8 millóns para a construción de 1.600 vivendas; 3,8 millóns de euros para continuar co intenso labor de rehabilitación da Xunta no casco vello, que ve duplicado o seu investimento con respecto ao actual exercicio; e os 1,34 millóns que se destinan á construción das 62 vivendas de promoción pública que a Xunta está a finalizar nas rúas Canicouva e Ignacio Grobas, cunha inversión en conxunto que alcanza os 8,42 millóns de euros.

Axudas ao alugueiro

Por outra banda, Fernández-Tapias insistiu no especial esforzo que realizará o Goberno galego este ano mobilizando preto de 10 millóns de euros en axudas directas a particulares para o alugueiro a través dos catro programas que se teñen activados.

Neste sentido, apuntou que os colectivos específicos con escasos recursos económicos poden solicitar ata o vindeiro 30 de abril as axudas dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da súa vivenda habitual. Esta convocatoria, enmarcada no Plan estatal de vivenda 2018-2021, conta cunha dotación global de 2,27 millóns de euros.

Outra das liñas abertas ás que fixo referencia é a destinada a apoiar a todas aquelas unidades de convivencia con dificultades á hora de facer fronte ao pago das rendas mensuais, derivadas neste caso do impacto que tivo e segue a ter a covid-19 sobre a economía doméstica. Un programa que, tal e como recordou, se reedita por segundo ano consecutivo e conta cun orzamento inicial de 2 millóns de euros. Deste modo, os beneficiarios, que terán ata o vindeiro 30 de setembro para cumprimentar a súa solicitude, recibirán unha subvención de ata 500 euros mensuais durante un máximo de seis meses consecutivos.

Ademais destas liñas, Fernández-Tapias destacou outros dous programas de axudas directas en materia de alugueiro, o Bono de alugueiro social, que se puxo en marcha no 2015 para atender con carácter urxente ás unidades de convivencia vulnerables e con dificultades para manter os seus fogares; e o Bono de alugueiro para vítimas de violencia de xénero, impulsado co mesmo fin pero dirixido a un colectivo especialmente sensible neste sentido

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement