Vigo) ¡Viva Vialia! : Caballero constata que las obras van viento en popa

"Lo que le preocupa es Vialia, el gran centro comercial al que dedica constantemente elogios; ya la estación del tren ... pues bueno, es parte de ello, pero lo que le gusta es Vialia, el gran mamotreto comercial que allí se está gestando, con las terrazas, el ascensor ese que va a colocar, lo que al hombre le va es el espectáculo...", era parte de la conversación que referida a la presencia del alcalde de Vigo en la zona, sostenían dos vecinos entrados en años, en Vía Norte hoy mismo.

Y es que el alcalde de Vigo, Abel Caballero, fue a visitar hace unas horas las obras del conglomerado comercial-ferroviario que, en lo que llaman "la estación de Urzáiz", ha venido surgiendo de un tiempo a esta parte.

O alcalde Caballero constata que o novo acceso superior á estación do AVE ofrece “todas as garantías”, dice la nota de prensa municipal. 

Desde este luns, 22 de marzo, o acceso peonil e rodado á terminal ferroviaria de Urzáiz terá lugar exclusivamente polo teito do edificio, á altura de Vía Norte. Este xoves, Abel Caballero visitou a entrada provisional, que -dixo- “impresionará” aos usuarios que poderán ver ademais a obra “colosal” do Vialia.

En declaracións ao remate da visita, o alcalde trasladou que quixo comprobar persoalmente os novos accesos á estación que terán que utilizar os usuarios do tren desde este luns, 22 de marzo, todos na gran praza superior do edificio deseñado por Thom Mayne (sería interesante comprobar las diferencias entre lo que diseñó Mayne en su día y lo que finalmente quedará construído allí), tanto para os peóns como para os vehículos que estacionen no aparcamento soterrado, que habilitará unhas 150 prazas, con rampla de baixada á altura de Escultor Gregorio Fernández.

O acceso provisional desde a Vía Norte será “cómodo” e contará con “todas as garantías”, explicou Caballero, estará delimitado e sinalizado, e dispón de ascensores, escaleiras e ramplas mecánicas para baixar ata os despachos de Renfe e as vías. Ademais, o paso -dixo- “impresionará” aos usuarios, que poderán comprobar o avance da “colosal” obra de Vialia.

Ao respecto do centro comercial e da praza superior que se constrúe, o alcalde recordou que a apertura se estima para o mes de setembro, “un cambio histórico na cidade de Vigo” que actuará como “factor de atracción de xente á cidade que exercerá tamén de tirón do pequeno e mediano comercio”.

Por último, o rexedor anunciou para a próxima semana unha visita á obra da presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, a quen felicitou polo traballo, ademais dos empregados, empresa e técnicos municipais implicados.

(Imagen : Concello de Vigo)  


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.