Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo) Tras los tiempos de instalarse en las afueras, ahora la moda es que la Universidad vuelva al centro



O rexedor garante “todo o apoio” municipal ao achegamento da Universidade de Vigo ao centro da cidade

Abel Caballero, David Regades, delegado de Zona Franca en Vigo, e Manuel Reigosa, reitor da Universidade, compareceron para dar conta do proxecto de traslado ao centro da urbe dunha parte da actividade universitaria que se desenvolve no campus Lagoas Marcosende.

“Imos en moi boa dirección na relación entre a Universidade e a cidade, estamos receptivos ás decisións que tome a Universidade e ofrecemos todo o apoio que necesitedes na forma de entender unha universidade máis porosa cara a cidade e con maior comunicación”, manifestou o rexedor que puxo en valor a “extraordinaria traxectoria” da institución académica que amosou nos seus anos de historia unha “gran capacidade docente e investigadora”.

Para Abel Caballero é “bo” que se produza cada vez máis achegamento entre o conxunto da cidade e a docencia e investigación. “Se a docencia está preto dos estudantes, mellor será, desde a maior interacción, maior capacidade de coller ideas e entender os proxectos, entender e facer cidade”.

O alcalde trasladoulle ao reitor Manuel Reigosa que “tedes a nosa cooperación en todo aquilo que decidades. Faremos o camiño xuntos para o ben da Universidade, que é dicir para o ben de Vigo e é dicir tamén de Pontevedra e de Ourense porque unha universidade con tres campus funciona de forma global”.

O reitor explicou que é un “obxectivo irrenunciable que a Universidade de Vigo teña máis presenza na cidade: institucional, de titulacións, de investigación e desenvolvemento” e agradeceu as facilidades ao alcalde e á Zona Franca para tramitar a futura compra do edificio situado na rúa López Mora cuxas “negociacións están rematando”. Considera que o achegamento ao centro de Vigo será “positivo para a Universidade e espero que tamén dende o punto de vista da cidade”, engadindo que “o campus seguirá agromando”.

David Regades, delegado de Zona Franca en Vigo saudou o traslado ao centro da cidade e expuxo que “nunca lle imos poñer unha traba á Universidade de Vigo porque temos seria vocación pola Universidade, porque dela sae o talento que despois se transforma en Zona Franca en proxectos económicos ou xeración de emprego.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement