Vicepresidente de la Deputación vierte muy graves acusaciones contra el PP y la empresa Ence

“Hai un feito indiscutible: O PP uniu o seu destino a Ence e Ence ao PP dunha maneira sorprendente e algún día saberemos exactamente por que, a saber a cambio de que”. Así de claro foi hoxe o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, sobre a situación de Ence e as declaracións de representantes da empresa e da Xunta de Galicia sobre a ubicación da pasteira fóra de Pontevedra.

O soberanista e vicepresidente da Deputación manifestouse escéptico de que "a sincronía entre o goberno galego e a empresa sexa gratuíta nin nada que se lle pareza” e lembrou que "o PP estaba hai anos a favor do traslado ata que mudou a súa postura. Con Ence pode haber outro cambio. Quizáis teña que ver a presenza de ministros no consello de administración… pero sorprende”, subliñou.

En relación aos incidentes da que Mosquera chama ‘Ence Borroka’, o vicepresidente da Deputación apuntou que "esta semana quedou claro que quen decide os asaltos a institucións e as agresións a cargos electos é a fábrica coa aquiescencia do PP e incluso co propio PP metido de cabeza”. Explicou que o portavoz das persoas que protagonizaron as ‘protestas’ anunciara que esta semana ía ser “terríbel” e que “Pontevedra se ía converter nun auténtico campo de batalla”, mais "non pasou absolutamente nada porque a dirección da empresa lles dixo que ata aquí chegamos”.

O vicepresidente amosouse expectante sobre o que acontecerá a semana próxima, cando hai pleno no Concello de Pontevedra e tamén na Deputación. “É fácil que intenten algo se a empresa lles deixa e o PP se suma. O que suceda non o van decidir os traballadores, nin o comité -que vai por outra liña distinta-, nin o decide ningún sindicato, senón que o decide a empresa”, sentenzou.

Para Mosquera as posturas sobre Ence están clarísimas e instou á dirección de Ence a que busque outra ubicación para manter os postos de traballo. “Néganse por algo que no seu momento dixera o CEO, que é máis barato comprar vontades que trasladar a fábrica. Creo que se engana porque a fábrica aí non pode estar, pola Lei de Costas, por cuestións urbanísticas e por cuestións de todo tipo”, dixo, “hai que ver como evolucionan as manifestacións, polémicas e nós imos manter a postura de sempre”.

Con respecto á mesa convocada pola ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico Teresa Ribera, Mosquera salientou que “sempre que sexa falar está ben”, pero matizou que non está claro se é unha mesa de diálogo para negociar o traslado “ou para dar voltas e volver ao mesmo sitio”.
Insistiu en que unha mesa sen obxectivo claro máis que a defensa dos postos de traballo pode levar a entender tanto que é para negociar que Ence siga en Lourizán como para buscar a solución real do traslado. “A ver que sae. Vista a actitude da empresa, non son nada optimista con respecto ao futuro e que se vaia Ence de aí. Só as decisións xudiciais e a presión social vai logralo. Pero de todas maneiras ogallá sirva para ver o horizonte de Ence fóra da ría”, reflexionou Mosquera.

Descartou facer valoracións sobre a inadmisión por parte do xulgado da denuncia da APDR contra o presidente de Ence Ignacio Colmenares polas súas palabras sobre un posible “susto ambiental maiúsculo” na fábrica de Lourizán. “Esas declaracións están aí. Son unha demostración dunha impunidade e dunha actitude bastante impresentable”, calificou.

La socialista Silva y el soberanista Mosquera, tandem anti-Ence en la Deputación. - 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.