Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Siguen los líos de la Deputación de Pontevedra con la Xunta de Galicia

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de reclamar á Xunta de Galicia a inmediata actualización do módulo/hora que paga aos concellos pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), dado que abona só 9,70 euros/hora por un servizo que está a ser adxudicado en cifras próximas ao dobre, causando así un forte impacto nas economías municipais. O acordo foi adoptado no Pleno cos votos favorables do PSdeG-PSOE e o BNG e a abstención do PP.

O goberno provincial destaca que o SAF xestiónase polos concellos pola súa proximidade ás persoas usuarias, pero trátase dun servizo de competencia autonómica ao estar encadrado dentro do Sistema Nacional para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD). A Xunta finánciao cun módulo horario que está conxelado dende o ano 2016, que quedou totalmente desfasado polo transcurso do tempo, polo impacto da pandemia e, fundamentalmente, tralo incremento do Salario Mínimo Interprofesional no ano 2020, refere a Deputación nunha nota de Prensa.

A Deputación denuncia que "a Xunta vén de recibir este ano 45 millóns de euros extra para reforzar a atención á Dependencia e que o SAF é o piar da atención en Galicia. Por tanto, esixe a actualización inmediata do módulo que perciben os concellos, cando menos a 12 euros por hora de prestación. Ademais, solicítase un compromiso da Consellería de Benestar para seguir actualizando o módulo durante os dous próximos anos ata alcanzar o 100% do custo real en prezos de mercado". Finalmente, a Deputación pide un gran pacto galego entre tódalas forzas políticas para manter no futuro un sistema de financiamento do SAF “xusto e equilibrado”.

Carlos López Font, voceiro do grupo socialista, subliñou que o SAF converteuse “nun problema que indigna a tódolos alcaldes e alcaldesas de Galicia, incluídos os/as do PP, un quebranto especialmente grave para os concellos máis pequenos, que son incapaces de seguir asumindo o crecemento no custo”. Por este motivo esixiu que se “desconxele” o prezo que paga a Xunta por un servizo autonómico no que os concellos deberían limitarse a colaborar na xestión e que se deixe de “afogar” unhas economías municipais que xa están exhaustas por tódalas competencias impropias asumidas durante a pandemia.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement