Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Presentan o primeiro directorio de mulleres da industria musical en Galicia

“Descúbre-as”, o proxecto que Regalamúsica está a levar a cabo da man da Deputación de Pontevedra “para visibilizar ás mozas e mulleres da música e rachar coas discriminacións que tamén sofren neste ámbito”, conta desde hoxe cunha nova iniciativa: o primeiro directorio de mulleres da industria musical en Galicia que xa pode consultarse no sitio web www.descubreas.com. A presidenta provincial, Carmela Silva, e a coordinadora do proxecto, Olalla Dopico, presentaron hoxe “este mapa creativo que xurde da necesidade de visibilizar ás mulleres na industria musical e reivindicar o seu papel na mesma”. “Desde agora, dixo a presidenta, ninguén vai a poder dicir que non atopa mulleres para contratar”. 

O directorio persegue varios obxectivos entre os que destacan a visibilización das profesionais e o fomento das redes colaborativas. Busca visibilizar tamén a estas mulleres para que a mocidade poida ter referentes femininos e así ser conscientes de que realmente existe unha escena feminina na música. Ademais, quérese que a cidadanía en xeral tamén coñeza o traballo destas mulleres e que non caian en estereotipos. Así, “Descúbre-as” pon á disposición de empresas, asociacións ou institucións públicas e privadas unha longa lista de mulleres que traballan na industria. Neste senso, a presidenta informou de que a Deputación de Pontevedra enviou unha carta a todos os concellos da provincia para que teñan en conta este directorio e contacten coas mulleres que participan en “Descúbre-as” para as súas programacións. Como tamén indicou a coordinadora do proxecto, Olalla Dopico,  “queremos que estean todas as mulleres da música de Galicia, tanto do ámbito artístico como de outros eidos profesionais”. Ademais, “queremos visibilizar o traballo das escolas e doutros colectivos que están relacionados coa música e tamén coas mulleres”. 


“Descúbre-as” intégrase na programación do 8M da Deputación e neste mes de marzo celebrará “Conversa e descubre”, un ciclo de charlas nas que profesionais e artistas contarán as súas experiencias e traballos dentro da música. As charlas arrancarán o día 20 cunha sesión na que participarán Mariña Paz (voz en Furious Monkey House); Susana Saavedra (voz en Agoraphobia), Patricia Hermida (mánager) e Raquel Seijo (promotora de Sweet Nocturna). A semana seguinte, o día 26, terá lugar un concerto e a  presentación dun vídeo colaborativo no que mozas da provincia interpretarán “Matriarcas”, de Gaudí Galego, “unha das grandes mulleres da música galega”. Con esa iniciativa a Deputación de Pontevedra está a crear unha rede entre as escolas e as mozas coa que se conseguirá formar novos grupos e mesmo chegar a facer pequenos concertos.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement