Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Poio) Senda da PO-308 entre Fontenla e Combarro avanza coas expropiacións en maio

O voceiro do do PP de Poio, Ángel Moldes, vén de recabar información na Xunta de Galicia sobre os proxectos de sendas peonís e mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-308 ao seu paso polo municipio, e revelou que a Axencia Galega de Infraestruturas ten moi avanzadas dúas actuacións no treito Fontenla-Combarro, xa que está previsto que a aprobación da información pública e da Declaración de Utilidade Pública se produzan no mes de maio para comezar o expediente de expropiacións.

O portavoz popular mantivo un encontro de traballo co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, para interesarse por estes proxectos e recibíu información sobre o estado dun proceso que permitirá investir máis de 1,1 millóns de euros nun treito de 1.650 metros, entre os puntos quilométricos 3+500 e 5+150 da PO-308.

Así, neste espazo entre Fontenla e Combarro prevese a creación dun itinerario peonil e ciclista, que contou con alegacións que motivaron a redacción dun proxecto complementario de mellora da seguridade viaria por parte da Xunta, e tamén unha actuación orientada á contorna de Fontenla como Treito de Concentración de Accidentes.

Moldes amosou a súa satisfacción polo feito de que a Xunta siga tendo como prioritarias as actuacións de humanización e mellora da seguridade no Concello de Poio e lembrou a importancia da actuación precedente de case 4 quilómetros entre O Covelo e Raxó, “malia que a neglixencia municipal no retraso da renovación de servizos case provoca a paralización dunhas obras moi necesarias e demandadas polos veciños”.

En calquera caso, o portavoz do PP quixo advertir de que esta “dantesca situación” podería volver a repetirse no novo proxecto entre Fontenla e Combarro, polo que lle esixiu ao Tripartito “que evite repetir os mesmos problemas que xa tivemos no tramo entre O Covelo e Raxó para a reposición de servizos de competencia municipal de auga e saneamento”.

Finalmente, Moldes advertiu por enésima vez ao goberno local que vaian incrementando as prazas de aparcamento en Combarro, “que como todos sabemos se trata dunha competencia municipal”.
“Póñanse a traballar polo presente e polo futuro de Combarro e colaboren, ou polo menos non obstaculicen o traballo das administracións que si o fan, como a Xunta”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement