Dende o PP de Poio, a concelleira en materia de urbanismo, Rocío Cochón recordou que “hai ano e medio adxudicouse o proxecto para mellora do firme e instalacións de canalizacións da alameda do Convento e hoxe, está nunha situación lamentable, cheo de baches e co firme completamente deteriorado. Non é lóxico que unha obra cun custo de 60.000€ se atope tan deteriorada”.
Cochón destacou que as fochancas e o mal estado do firme no que se atopa "está á vista de toda a veciñanza, pero é que ademais, os 3 Alcaldes aparcan diariamente os seus vehículos, e coñecen o seu estado perfectamente: "Non poden dicir que non saben como está"...
"Na comisión de urbanismo do próximo martes pediremos aos 3 alcaldes que tomen medidas e fagan un seguimento das obras que fixo o Bipartito (coma neste caso), e das que fan eles mesmos. E se eles non o fan: teremos que facelo nos!", refere Rocío Cochón.