Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Pavimentaciones y mejoras en Vilaboa

Acceder ás vivendas situadas nos núcleos rurais de Seixas e Vilar, no concello de Vilaboa, provincia de Pontevedra, é agora máis sinxelo. Os camiños da contorna locen un novo pavimento grazas a un investimento de preto de 130.000 euros chegados do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Santos Héctor e Ana Laura Iglesias visitaron as actuacións na compañía do alcalde de Vilaboa, César Poza, e a concelleira María Canosa. 

Para Santos Héctor esta é “unha obra magnífica que mellora a calidade de vida dos veciños e veciñas da zona” pois débese ter en conta que “rehabilitouse por completo todo o pavimento na estrada local que comunica os núcleos de Seixas e Vilar e os seus camiños laterais”. Tal e como indicou o deputado provincial, a pista sobre a que se actuou ten unha lonxitude de dous quilómetros e inclúe a capilaridade típica da Galicia rural. Santos Héctor destacou: “Esta é unha obra que vai facilitarlle a vida a moita xente, porque asfalta dous Km dunha pista na que hai decenas de vivendas”. “Con obras como esta”, engadiu, “mellórase a seguridade e a facilidade para poder desprazarse entre estes núcleos”. Na súa visita o deputado provincial referiuse tamén ao Plan Concellos a través do cal “son os concellos os que deciden, xa que os gobernos municipais son os que están apegados ao territorio e son perfectos coñecedores das prioridades”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement