Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O PP de Mos apoia ao sector da perruquería e a estética na súa demanda de baixada do IVE ao 10%

Ademais de participar na concentración desta mañá no Porriño, os Populares mosenses presentaron unha moción que se debatirá en Pleno a semana que ven

O sector da imaxe persoal dos concellos de O Porriño e Mos, integrado por perruquerías, barberías e centros de estética, reclamou nunha concentración celebrada esta mañá fronte á Casa Consistorial porriñesa a baixada do IVE ao 10%.

Os/as empresarios/as e empregados do sector da imaxe persoal e a estética da Louriña contaron coa presenza e apoio da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, da concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, e da deputada popular mosense no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez, Carrera.

Ademais do apoio amosado esta mañá ao sector da imaxe persoal da Louriña durante a mobilización convocada fronte ao Concello do Porriño, os Populares mosenses levarán ao vindeiro Pleno da Corporación do Concello de Mos (a celebrar o vindeiro luns 29 de marzo), tal e como informou o tenente alcalde, voceiro e presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, unha moción para reclamar ao Goberno do Estado a redución do IVE dos salóns de peiteado, pasando do actual 21% a un 10%. Moción que xa foi presentada a semana pasada e que pretende dar o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen, nun momento de especial necesidade por mor da crise da Covid-19.

A concentración desta mañá no Porriño formaba parte da nova mobilización convocada para hoxe polo sector da imaxe a nivel nacional para reclamar ao Goberno, e particularmente ao PSOE, a recuperación do IVE/IVE reducido cumprindo os seus compromisos adquiridos cando estaba na oposición considerando que presentou e defendeu en abril de 2018 unha Proposición Non de Lei (PNL) reclamando a baixada do IVE/IVE ao tipo reducido do 10% ao sector e que agora, resístese a aplicar.

Un cento de municipios españois sumáronse esta mañá á iniciativa reclamando a recuperación do IVE/IVE reducido para o sector da imaxe persoal.

A restricións derivadas da situación sanitaria e a práctica desaparición de celebracións e eventos festivos, están abocando á desaparición a centos de profesionais e empresas do sector.

Só en Galicia, o impacto da crise sanitaria provocou o peche de máis 300 negocios de peiteado e unha caída na súa facturación que supera o 30%. Estes negocios, na súa maioría pequenas e medianas empresas, supoñen un número considerable de postos de traballo.

Cabe destacar tamén, o esforzo realizado polo sector para adaptarse á normativa recomendada polas autoridades sanitarias, o que supuxo tamén un importante investimento que, apoiados pola administración autonómica, tiveron que asumir directamente.

O pasado 21 de xaneiro, o Grupo Parlamentario Popular, logo do diálogo cos traballadores galegos do sector, rexistrou no Parlamento de Galicia unha Proposición Non de Lei para instar ao Goberno central unha baixada do IVE, pasando do 21% actual, ao 10%, por consideralo unha das medidas fundamentais para garantir a supervivencia deste sector.

Por elo os Populares de Mos consideran que “desde este concello debemos tamén sumarnos a esta proposta de redución que se fundamenta, entre outras cuestións, na súa cualificación por parte do Goberno central como servizo esencial durante o Estado de Alarma. Pois ademais do seu traballo no ámbito da estética, realizan unha importante labor hixiénica e sanitaria, especialmente para as persoas dependentes”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement