Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O PP apoia aos pescadores de Poio fronte ao novo regulamento da UE

O Partido Popular de Poio vén de rexistrar unha moción de apoio ás demandas das confrarías galegas e especialmente á frota pesqueira de Poio fronte ao novo regulamento de control pesqueiro da UE “que non distingue entre a pesca artesanal e a comercial”.
Ángel Moldes lamentou que a reforma deste regulamento que actualmente se tramita no Parlamento Europeo “non recolle as demandas do sector en Galicia” e impón medidas inasumibles para boa parte da frota galega, como un rexistro de capturas electrónico, cámaras obligatorias ou a xeolocalización das embarcacións, produto do descoñecemento da realidade da pesca en Galicia.

O texto respalda o paro convocado polas confrarías para este venres e outras posibles mobilizacións, e apoia a petición que fai o sector para que dimita a eurodeputada socialista Clara Aguilera, ponente do informe que dá lugar a esta reforma, e á que as confrarías reprochan que nin sequera atendese a invitación expresa dos patróns maiores para comprobar in situ as características da flota galega e a imposibilidade de asumir esas medidas.
Moldes destacou a importancia de paralizar esta reforma xa que as imposicións do novo regulamento “afectarían ao 100% das embarcacións con base en Poio”, e subliñou a necesidade de que “calquera reforma deste regulamento, calquera regulación da pesca ten que ter en conta as necesidades e as demandas dos pescadores de Poio e de toda Galicia”.

Moldes recordou que ao PP local “nunca nos tremeu nin nos tremerá a man cando se trata de poñernos a carón da xente do mar de Poio”, e pediu o apoio dos demais grupos para defender a un sector que constitúe “unha actividade económica esencial, unha realidade social propia e unha peza clave do noso patrimonio cultural”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement