Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O BNG de Vigo oponse ao "centro de saúde talla bonsai que o PP pretende impor en Bouzas"

 O Bloque Nacionalista Galego volveu rexeitar "o proxecto recortado que a Xunta do PP tenciona impoñer para o novo centro de saúde en Bouzas". A deputada, Alexandra Fernández, vén de promover unha nova batería de iniciativas no Parlamento galego para demandar que se dote o centro do persoal necesario para atender 6 consultas de medicina de familia e os servizos de enfermería e tamén que se inclúa atención pediátrica e traballo social.

Fernández, que compareceu en rolda de prensa canda o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou "os recortes aplicados pola Xunta do Partido Popular sobre o proxecto inicialmente definido para o novo centro de saúde da vila de Bouzas. Despois de anos de promesas agora traen un minicentro tamaño bonsai, sen pediatra nin traballadora social”, denunciou.

Neste sentido, as iniciativas da nacionalista esixirán explicacións ao Goberno galego de "cal vai ser a dotación de persoal prevista para o novo centro e demandando garantías de que se sexa suficiente para dimensionar suficientemente a atención sanitaria, revertendo a intención de a reducir".

Pola súa parte o concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, encadrou os recortes que se pretenden aplicar no centro de saúde de Bouzas dentro da política “privatizadora e de recortes coa que a Xunta do PP converteu a área sanitaria de Vigo na zona cero da desfeita sanitaria”.

Igrexas lembrou que na recente tramitación do orzamentos da Xunta para este ano 2021 o Partido Popular rexeitou todas as emendas do BNG "nas que se reclamaba o rescate da concesión privada do Hospital Álvaro Cunqueiro, a integración de Povisa no Sergas ou o reforzo da Atención Primaria".


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement