En portada / Na capa_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

Contracapa / Contraportada_$type=grid$count=3$m=0$sn=0$rm=0$show=home

Mascarón de proa_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

Mujer y con trabajo en la industria, perfil mayoritario de los afectados por el cierre de frontera

O AECT Río Miño vén de analizar de forma estatística os datos recabados ata 18 de marzo no rexistro de persoas prexudicadas O 76% das e dos ...

O AECT Río Miño vén de analizar de forma estatística os datos recabados ata 18 de marzo no rexistro de persoas prexudicadas

O 76% das e dos reclamantes son de orixe galega, un 62% son mulleres e o 50% traballa no sector industrial


Muller e con traballo na industria. Ese é o perfil maioritario das persoas do Miño transfronteirizo afectadas polo peche da fronteira con Portugal segundo o análise realizado polo AECT Río Miño sobre o seu rexistro de persoas prexudicadas. A mostra, que estudou os datos achegados voluntariamente entre o 2 e o 18 de marzo, preséntase como representativa da situación pola que está a pasar a xeralidade de traballadoras e traballadores transfronteirizos no territorio.

Un dos datos estatísticos máis relevantes é a diferencia significativa con respecto ao xénero das persoas rexistradas, xa que un 62% son mulleres e un 37% son homes. Isto podo explicarse por dúas causas: unha maior decisión á hora de rexistrarse e reclamar os seus dereitos, prexudicados polo peche das pontes; ou ben, o feito de que a man de obra transfronteiriza, especificamente, entre o Baixo Miño e o Alto Minho, ten unha maioría de xénero feminino. En todo caso, esta poboación foi a máis prexudicada porque a ponte entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, sendo a quinta ponte en mobilidade entre España e Portugal, con 5.812 vehículos medios diarios , foi a única que, por non abrires, deixou incomunicados a dous concellos.

No relativo á procedencia por sector económico a análise dos datos leva a apreciar que o sector industrial é o que ocupa a un maior número de persoas (50%). En menor medida, están as persoas ocupadas do sector servizos, no comercio e, finalmente, na administración e servicios públicos.

En consideración ao prexuízo provocado, e dentro da lista de causas alegadas, o máis comunicado é o grave aumento de distancia e tempo, no percorrido entre a residencia dos afectados ao seu traballo e viceversa. O peche da ponte internacional, que obriga ao desvío da rota, así como a agarda para cruzar os controis, fan deste factor o máis salientable no prexuízo ás persoas traballadoras transfronteirizas.

En segundo lugar, o 25.29% dos afectados acusan un incremento notable no custo dos seus desprazamentos, algo compatible coa primeira das causas presentadas. En terceiro lugar, un 12.94% das persoas comunican que a situación impediulles, de facto, poder cruzar a fronteira para desprazarse ao seu posto de traballo.

Por último, o 1,76% da mostra alegou un prexuízo puramente económico, derivado da diminución do número de clientes procedentes da outra marxe. Este caso é moi común, aínda que non o é nesta lista, dado que o prexuízo para moitos negocios de ambas as dúas beiras do Miño depende dos clientes dos dous países. Neste caso, a mobilidade que condiciona a actividade económica non é a do traballador, senón a dos clientes.

O análise do rexistro, así, desvela novamente que o restablecemento da fronteira entre os dous Estados ibéricos, acordado a partir do 31 de xaneiro de 2021, supuxo un retroceso, a todos os efectos, para o territorio do río Miño transfronteirizo, singularmente nas limitacións sociais e económicas.

Dentro do dano causado por unha decisión política refréndase que un dos conxuntos máis prexudicados é o das e dos traballadores transfronteirizos, persoas que, con independencia da súa nacionalidade, residen nun país e traballan noutro. Ademais de salientar os custes económicos e de tempo boa parte das persoas rexistradas mencionaron tamén o “cansazo físico e psicolóxico” que lles produce esta situación.

O formulario aínda se pode cubrir online na web smartminho.eu cos datos sobre o tipo de prexuízo sufrido: perdas de tempo, aumento de custes de viaxe ou redución de clientela. A intención é que estes datos poidan servir de base para reclamar compensacións para o territorio, para o que serán remitidas ás administracións competentes na materia.

O peche da fronteira con Portugal, decretado o 31 de xaneiro deste ano, seguirá en vigor alomentos ata despois do 5 de abril. Mentres unicamente estará aberto 24 horas o paso de Tui e os de Arbo e Salvaterra seis horas diarias (tres de mañá e tres de tarde), e só para persoas con necesidade acreditada para cruzar a raia.


 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,285,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,70,-FRONTERAS,70,-LA CULTURA,69,-LA EURORREGIÓN,266,-LA VIDA,200,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,67,-LAS PERSONAS,87,-LOS DEPORTES,227,-m,1,-MAIS PORTUGAL,115,-MÁS ESPAÑA,76,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,162,-PORTADA),408,-Y ADEMÁS...,185,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CLAVE INFORMATIVA,48,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,13,CUADERNO FINAL,24,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA,51,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,56,ESPAÑA,293,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,273,GALICIA,1122,GALICIA SUR,127,GRANDE REPORTAGEM,11,INTERNACIONAL,73,LA MIRILLA,30,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,493,Medios de Comunicación,10,OCIO,172,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,218,OPINION,123,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,23,PONTEVEDRA,188,PORTADA,39,PORTUGAL,570,PORTUGAL NORTE,67,PRIMER CUADERNO,25,PROVINCIA,614,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,43,RETRATOS,88,SPORTING DE BRAGA,170,TAUROMAQUIA,145,VIGO,282,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: Mujer y con trabajo en la industria, perfil mayoritario de los afectados por el cierre de frontera
Mujer y con trabajo en la industria, perfil mayoritario de los afectados por el cierre de frontera
https://1.bp.blogspot.com/-k_iUdsEq2OE/YFivWfLRyuI/AAAAAAAA-Dg/mZ9kW80Dqfg2RkAfyW8zoynpTWVRf3S5wCLcBGAsYHQ/w640-h440/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-03-22%2Ba%2Blas%2B14.52.53.png
https://1.bp.blogspot.com/-k_iUdsEq2OE/YFivWfLRyuI/AAAAAAAA-Dg/mZ9kW80Dqfg2RkAfyW8zoynpTWVRf3S5wCLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h440/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-03-22%2Ba%2Blas%2B14.52.53.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/mujer-y-con-trabajo-en-la-industria.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/mujer-y-con-trabajo-en-la-industria.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content