Mosquera se pone de los nervios y acusa al PP de fomentar "a violencia da Ence borroka"

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera acusou hoxe directamente "ao PP e a Ence de estar detrás da violencia da ‘Ence borroka’ que nos últimos días se materializou en Pontevedra". Advertiu de que "as persoas traballadoras da pasteira son as principais perxudicadas polos incidentes, xa que o único que están conseguindo é botar atrás ás zonas dispostas a recibir o traslado da fábrica" e manifestou a súa "confianza en que unha vez Colmenares admitiu a mesa de negociación sobre o futuro de Ence, tanto a empresa como o PP manden parar os ataques".

"Ante eses feitos acontedidos onte", o vicepresidente Mosquera fixo varias reflexións. Sinalou que "a única posibilidade ou vía real de manter postos de traballo e actividade da pasteira en Galicia é falar dun traslado porque a situación é insostible: Esa empresa non ten porque estar en terreno de dominio marítimo terrestre. Conseguiu polos métodos que mellor non recordamos esa prórroga fraudulenta, e a única posibilidade é trasladar”, insistiu.

Sobre esa premisa, destacou que “se hai algunha zona, algún alcalde ou alcaldesa, algunha sociedade que vería con bos ollos recibir a Ence, vendo esta ‘Enceborroka’, pois difícilmente manterá esa postura… É meter un bicho fastidiado porque xa se ve: Non é a primeira vez nin a segunda e seguen con esta actitude”. 
Mosquera destacou que "hai instigadores, indutores e responsables claros dos incidentes". Lembrou que a kale borroka no seu momento “facía quen a facía e todos sabíamos quen estaba detrás. Neste caso quen está detrás é o PP. Dunha maneira tan descarada como ir alí a xunto de alguén que está ocupando de maneira ilegal e asaltando unha alcaldía ir a animar e a dicirlle que estaban facendo ben, que foi o que pasou”.

O vicepresidente tamén subliñou que no asalto había xente que debería estar traballando e que, sen ter declarado folga, de repente apareceu polo Concello. “Alguén lle pagará, suponse. Se non van ao seu traballo a empresa despediríaos. É evidente que hai quen está alentando, financiando este tipo de actuacións. Ten nomes e apelidos. É Ence e o PP como indutor”, sentenzou.

Engadiu que “se o señor Colmenares tivera a ben dicir que quen faga esas cousas mañá non traballa máis para Ence, isto acabábase en 15 segundos, nin se plantexaba”, mais lembrou que "o talante amosado polo presidente e conselleiro delegado no vídeo no que falaba sobre “o susto maiúsculo ambiental” deixa claras as súas intencións.

P. S. / Con sus declaraciones de este viernes, César Mosquera parece pretender crear un confusionismo evidente alimentando una teoría que carece de base alguna : la posibilidad de trasladar la fábrica de ENCE a otro lugar en Galicia... Pues bien, 5 minutos ha tardado la propia empresa en pararle los pies a Mosquera, cuyas declaraciones han enfadado más aún a los trabajadores de ENCE, calificando varios sindicalistas las palabras de Mosquera como el resultado de "su afán de embarrar el terreno de juego y engañar a la opinión pública"...

La nota hecha pública por ENCE dice así :

"Ence Energía y Celulosa niega tajantemente las acusaciones de estar promoviendo las protestas realizadas por los trabajadores de la empresa.
Por otro lado, la compañía manifiesta su disposición al diálogo con las diferentes administraciones junto con los representantes de los trabajadores, y reitera su ofrecimiento a estas para que puedan visitar y conocer la realidad de la planta de la compañía en Pontevedra.
Finalmente, Ence insiste en que no existe ninguna ubicación alternativa viable desde un punto de vista técnico (cercanía a un puerto, agua, madera) ni económico (dada la ingente inversión, cercana a 700 millones de euros, que requeriría construir una nueva planta en Galicia) para construir una nueva fábrica de celulosa en Pontevedra ni en toda la comunidad gallega, tal y como lo demuestran estudios independientes, como el de la ingeniería IDOM".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.