Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

FECIMO lanza en O Morrazo su campaña "en Marzo envíos gratis"

Fecimo presenta a campaña “EN MARZO ENVÍOS GRATIS” do Comercio local do Morrazo que comezará a ser efectiva desde este luns 8 de marzo.

Desde a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO – porase en marcha a campaña de promoción da loxística de envíos no Comercio do Morrazo que se levará a cabo durante este mes de marzo, comezando este luns 8 de marzo.

Debido á situación derivada da pandemia e as restricións con peches perimetrais entre concellos, cada vez son máis as persoas consumidoras que fan as compras desde a súa casa ou ben prefiren recibilas directamente no seu domicilio. É por iso que, desde a federación, quérese animar ás persoas consumidoras a seguir confiando no comercio local e incentivar con esta campaña, as compras e pedidos realizados no comercio de proximidade.

A campaña baséase na bonificación dos envíos de tódolos pedidos que o cliente faga nos establecementos asociados a Fecimo. Desta forma, tanto negocios como clientes saen beneficiados desta iniciativa que pretende dinamizar esta nova forma de consumo durante o mes de marzo.

Esta proposta é válida tanto para as canles de venda non presenciais que teña o propio establecemento (como Instagram, Facebook, WhatsApp e outras) como para o gran Marketplace do Comercio do Morrazo que se puxo en marcha en decembro na url (compranomorrazo.com).

En Fecimo lévanse moitos anos traballando por ser unha federación de referencia na dixitalización do comercio local da comarca, xa que analiza continuamente o mercado e non quere que ningún dos seus asociados quede atrás. Agora, combinando o centro online do comercio local e os envíos gratuítos (bonificados pola federación), tanto clientes como empresas asociadas, gozarán de tódalas facilidades e beneficios destas novas fórmulas de compra.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement