Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación aumenta subvenciones a cofradías, maricadoras y cooperativas del campo

"A Deputación de Pontevedra vén de reafirmar o seu compromiso co sector primario da provincia co aumento ata os 500.000 euros do orzamento destinado ás subvencións dirixidas ás confrarías de pescadoras/es, a federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras, así como ás cooperativas agrogandeiras", refere unha nota de Prensa.

A Xunta de Goberno da institución provincial aprobou este venres as bases destas achegas para que as entidades poidan facer diversos investimentos, que se repartirán en 250.000 euros no caso das confrarías, federación e mariscadoras, e outros 250.000 (50.000 máis que o pasado 2020), para as cooperativas. Como sinalou a presidenta Carmela Silva, este incremento responde ao maior esforzo da institución “para que cheguen máis recursos á provincia de Pontevedra ante a situación de crise que padecemos debido á pandemia”.

En ambos casos, con estas achegas a Deputación apoiará a estas entidades en iniciativas que teñan como obxecto a comercialización e valorización das producións, a formación técnica e o asesoramento para o desenvolvemento da actividade e o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación tecnolóxica, “fundamentais para o avance do sector primario tan potente na nosa provincia”, como subliñou a presidenta. Tamén están dirixidas á actuacións de divulgación e uso das novas tecnoloxías, as enerxías renovables e o aforro enerxético así como a investimentos para mellorar os servizos prestados polas entidades.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement