Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación apuesta por las poetas feministas

As autoras Yolanda Castaño, María Xosé Queizán, Chus Pato e Dores Tembrás protagonizarán unha lectura virtual de textos da súa autoría e doutras escritoras que se difundirá a través das redes da institución

Unha homenaxe ás poetas da historia a través da voz de mulleres poetas da provincia, feministas e activistas desde a palabra. Esta é a proposta coa que a Deputación de Pontevedra celebrará de xeito virtual este domingo, 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía que terá como lema “Nós tamén navegar!”, en referencia ao verso feminista por excelencia da autora Xohana Torres.

A conmemoración terá como protagonistas ás escritoras Yolanda Castaño, Dores Tembrás, María Xosé Queizán e Chus Pato e cada unha delas fará un recitado poético en formato vídeo que ao longo da xornada serán difundidos, nunha acción colectiva, a través das redes sociais da Deputación. A acción chega enmarcada na programación deste mes de marzo, ao abeiro do 8M, baixo o título “Reivindicando na Escrita”, e nela participará tamén a presidenta provincial, Carmela Silva.
Será unha reivindicación das mulleres poetas e da poesía feminista para visibilizar o seu papel na loita pola igualdade. Cada unha das autoras lerá no seu vídeo poemas da súa autoría e textos doutras autoras escollidas por elas mesmas de todos os tempos, tanto galegas como internacionais. Deste xeito, Yolanda Castaño, amais do seu poema “Promesa”, lerá outros textos de Akiko Yosano (Xapón) e Joumana Haddad (Líbano), mentres que Chus Pato recitará o seu poema “Meta”, da obra “Carne de Leviatán”, e tamén obras da autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, Xela Arias. Doutra banda, María Xosé Queizán lerá textos seus, como o poema “As fillas eternais”, e outro pertencente ao libro “Despertar das amantes”, así como o poema da trovadora medieval Bieris de Romans que leva por título “Dona María de grande estima e valor”. Por último, Dores Tembrás recitará un fragmento do seu libro “O pouso do fume”, así como outros textos das obras “Os traballos e as noites”, de Alejandra Pizarnik (Arxentina) e “Retrovisor”, da autora galega Antía Otero.

A institución provincial escolleu deste xeito celebrar as voces de aquelas creadoras que berraron os versos máis altos a favor das mulleres en momentos nos que non había papel e lapis para elas. Centos de anos despois, temos un gran número de poetas que forman parte da revolución cultural que a escrita está a protagonizar e que, sen medo, seguen a demandar os dereitos das mulleres, sabendo que a día de hoxe a igualdade non é real e efectiva.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement