Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Carmela Silva se manifiesta en contra de prohibir las manifestaciones del 8-M

Coa descuberta nas sedes de Pontevedra e Vigo da pancarta do 8M, que reclama volver poñer no centro as reivindicacións da axenda feminista, a Deputación arrancou hoxe a súa potente programación para este mes de marzo. A presidenta, Carmela Silva, participou no acto desenvolvido na balconada do Pazo Provincial xunto ao vicepresidente César Mosquera e deputadas e deputados, e insistiu en que a Deputación ten o obxectivo irrenunciable “reclamar as iniciativas lexislativas, de financiación e de posicionamento para recuperar a nosa axenda” .

A loita contra as violencias machistas, a abolición da prostitución e a oposición contra dos ventres de alugueiro, como a loita para que a corresponsabilidade nos coidados sexa unha realidade “son o centro da vida” están entre os seus principios, como tamén a erradicación da hipersexualización e cousificación do corpo das mulleres e das nenas, “que cada día está máis presente”, e na denuncia contra as precariedades laborais das mulleres, “porque hai que tomar medidas para poñer fin á brecha salarial”. “Demandamos –engadiu- a presencia igualitaria das mulleres, queremos o 50% do poder e que se visibilicen as súas achegas. É intolerable que haxa menos dun 8% de presencia feminina nos libros de texto. Queremos que a educación en igualdade sexa un eixo transversal en todos os contidos que reciben as nenas e nenos”.

“Estou en contra da decisión de prohibir as manifestacións do 8M”

Carmela Silva aproveitou para amosar a súa “desconformidade total e absoluta” coa decisión da prohibición das manifestacións do 8M. “Dáme igual quen tome esa decisión –afirmou-. eu non vou participar en manifestacións e concentracións porque estamos nun momento de pandemia, saíndo dunha terceira ola e hai que evitar entrar nunha cuarta. E creo que podemos facer miles de cousas, facer unha grande denuncia e berrar máis alto que nunca na defensa dos dereitos das mulleres. Pero tamén creo que non é acaído tomar a decisión de impedilas. Por que non se impiden outras?”. Recordou que desde que comezou a pandemia tense visto concentracións “case que todos os días” ou mesmo “un concerto de Raphael con 5.000 persoas” en Madrid. “Canta ideoloxía e canto culpabilizar ás mulleres hai nestas decisións –sostivo-. Entre outras cousas, os colectivos feministas xa anunciaron que as concentracións serán con todas as medidas sanitarias, así que xa está ben que se prohiba e impida soamente cando son actividades realizadas por mulleres e que demandan os dereitos das mulleres. Reclamo o dereito das mulleres a poder ter garantidos sos dereitos constitucionais, igual que noutro tipo de manifestacións. Cando son de mulleres criminalízanse e non estou de acordo”.

Actos para o #8M
Coa descuberta da pancarta e co acendido esta noite da iluminación de cor violeta de ambas sedes, que permanecerá ata o día 31, a institución provincial entra de cheo na súa programación para este mes da muller, que terá os seus actos centrais o propio luns 8 de marzo
Tanto a presidenta provincial, as deputadas do goberno, como as mulleres dos seus equipos farán folga e asistirán aos actos de reivindicación que se desenvolverán en Vigo e Pontevedra. Así, ambas sedes provinciais serán o escenario de dúas intervencións artísticas coordinadas polas creadoras Celeste Garrido, (que levará o título “Un feminismo inquebrantable e se desenvolver no exterior do Pazo Provincial ás 11 horas), e Luz Darriba (titulada “Coidarmos” e que terá lugar no edificio do Casco Vello de Vigo ás 18 horas).



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement