Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cangas ) "Skatepark" de Rodeira está destrozado...tras años sin mantenimiento

En Cangas do Morrazo, los del PP siguen con su labor de Oposición y control del Gobierno municipal, al que siguen señalando como protagonista de situaciones de abandono y notoria deficiencia en determinados servicios públicos.

O PP DENUNCIA : SKATEPARK DE RODEIRA ESTÁ “DESTROZADO”.

“Resulta vergoñento o grave deterioro de todos os elementos, nalgúns casos presentan ata boquetes” afirman.


O Partido Popular de Cangas critica o estado de abandono que presentan as instalacións deportivas municipais, “resultado da falta de política de mantemento das mesmas, carencias nas inversións e o total pasotismo do equipo de goberno e en especial do concelleiro de Deportes” explican. 


O principal grupo político da corporación destaca nesa enmenda á totalidade o estado que presenta na actualidade o chamado skatepark de Rodeira. “Todos os elementos que compoñen o complexo deportivo presentan deficiencias, roturas, grietas e mesmo boquetes que merman a seguridade dos deportistas e desaconsella o seu uso” declaran dende o grupo municipal.

Esta denuncia súmase ás multiples e periódicas queixas públicas deste grupo político sobre o estado e falta de mantemento das instalacións deportivas municipais. “Está moi ben sacarse fotos pero está moito mellor traballar e poñer partidas orzamentarias nos orzamentos deste ano (se os presentan algún día) para atallar todas as deficiencias acumuladas tras anos sen mantemento” destacan. 


O grupo esixe aos responsables municipais unha actuación integral e urxente neste espazo que non só permita atallar os problemas actuais senón que permita o seu correcto funcionamento no futuro. “Trátase dun lugar moi tránsitado no que cada día practican este deporte máis xente” recalcan, “o seu mal estado obriga a moitos deportistas a utilizar viais e prazas públicas non aptas” engaden. “Investir en espazos deportivos ao aire libre é investir en saúde e en alternativas de ocio saudables, sobre todo para a xente nova” reiteran, “algo máis necesario que nunca nestes tempos de pandemia” rematan.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement