Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cangas) El PP denuncia estado deficiente de la red de semáforos

O Partido Popular de Cangas esixe ao bipartito que mellore a accesibilidade da rede semafórica
municipal. Dende a formación sinalan que “aqueles semáforos que contan con dispositivos acústicos, estes non funcionan e por outra banda aínda queda un importante número que non contan con este elemento de seguridade”. Para a formación resulta chamativo que dende o goberno local se realizaran actuacións recentes como no paso de peóns fronte a Casa do Concello e que este non conte con este sistema fundamental para a seguridade viaria das persoas invidentes e incluso tamén para as persoas sen esta discapacidade que usan o son como referencia” explican.

Dende o principal partido da corporación apostan por contruir unha Cangas accesible e esixen ao goberno bipartito que se acometan as actuacións precisas o antes posible para revertir estas deficiencias na rede. “Está moi ben ter unha concellería de Mobilidade pero está moito mellor executar actuacións concretas e visibles” engaden, polo que reclaman tamén que se teña en conta as necesidades deste colectivo en futuras actuacións nos viais municipais “mellorando a accesibilidade nas beirrarúas e nos cruces que non contan con semáforos para regular o tránsito de peóns e vehículos” rematan.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement