Caballero salienta que "a Administración de Asistencia Dixital Integral de Vigo atenderá un terzo da poboación española"

Concello de Vigo). -
Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantivo un novo encontro este martes coa delegada especial da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Capote para avanzar na procura dunha sede para o establecemento do organismo que prestará servizos de información e asistencia por medios electrónicos.
Na reunión estiveron presentes tamén Olga Bobadilla, delegada da Axencia Tributaria de Vigo, o delegado de Zona Franca en Vigo, David Regades, e a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride.

"Estamos diante dun gran avance e a primeira vez que Vigo ten un servizo dunha administración que depende directamente do Ministerio de Facenda e de ningún órgano intermedio. Isto colócanos nun chanzo. Por iso quedo agradecerlle moito á Ministra de Facenda a designación de Vigo para ser un dos tres lugares de España con Axencia Dixital Integral”, apuntou o alcalde.

A previsión é que este servizo da Administración de Asistencia Integral Dixital de Vigo estea en funcionamento no mes de novembro, previa instalación do funcionariado que conformará o organismo, de máis de 90 profesionais de alto nivel, que atenderán non soamente á poboación galega senón a “unha parte enteira de España, a un terzo da España desde Vigo”.

Segundo expuxo o rexedor, España contará con tres oficinas desta axencia: unha en Vigo, outra en Valencia e unha terceira que se abrirá en Andalucía e que estarán centralizadas desde Madrid. Prestarán dixitalmente atención á cidadanía relacionada con cuestións de facenda: censo, IRPF, IVA...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.