Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Bueu) El "amigo Félix" cumplió su sueño y la piscina entró en funcionamiento

A piscina municipal cuberta de Bueu, situada nas Lagoas, abriu este luns, 29 de marzo, as súas portas, para que preto dun cento de persoas puidesen gozar xa do merecido e agardado primeiro baño. En diferentes grupos dun máximo de dezaoito persoas e con todos os protocolos Covid-19, veciños e veciñas de franxas de idade diversas achegáronse xa dende as dez da mañá para estrear este centro deportivo e saudable que supón “cumprir un soño”, en palabras do alcalde de Félix Juncal, alcalde de Bueu, quen participou no acto organizado con motivo deste día xunto a Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e outros concelleiros e concelleiras do grupo de goberno.

O rexedor confesou sentirse “moi emocionado e orgulloso” porque a piscina de Bueu sexa unha realidade e se cumprise un soño colectivo que se fixo agardar. Juncal destacou o financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan de Reequilibrio Territorial, que supuxo a achega de case a totalidade 2,8 millóns que custou esta infraestrutura. “Foi emocionante ver as caras de satisfacción nas persoas en torno a este fermosísimo proxecto que suporá un antes e un despois, pois na política temos que crer que é posible transformar os soños en realidade”, apuntou. Na mesma liña interviu Carmela Silva, quen destacou que se trata dunha infraestrutura “que está pensada para o século XXI e que merecerá presentala a premios de arquitectura e eficiencia enerxética”.

A piscina funcionará nun horario provisional, á agarda de que se leven a cabo todos os trámites necesarios dende o Concello para proceder a realizar un contrato de xestión de servizos de cara aos próximos anos. Segundo os datos achegados pola empresa, nestes primeiros meses poderán gozar da piscina preto de 500 persoas, que utilizarán o vaso e os vestiarios, xa que as salas polivalentes aínda non están dispoñibles, posto que é necesario adquirir maquinaria e diverso equipamento.

Polo de agora, nesta primeira etapa, o Concello contará cos servizos dunha empresa a través dun contrato menor de 38,5 horas semanais: de luns a venres, de 10.00 a 13.00, e de 17.00 a 21.00 h, e os sábados de 10.00 a 13.30 horas. As persoas que queiran inscribirse ou coñecer as instalacións poderán chamar ao teléfono 986138689, ou escribir ao correo electrónico piscina@concellodebueu.gal.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement