Atletismo) Un Campionato Galego absoluto de emocións e intensidades

Previa da Categoría masculina

Expourense será o escenario da cita máis agardada e importante do ano ca celebración do Campionato de Galicia absoluto que se desenvolverá a dobre xornada o día domingo 14 de marzo a partir das 10.30 horas.

Ata a instalación cuberta acudirán a competir un importante número de atletas galegos e galegas de currículo internacional entre os que cabe citar ao Olímpico en Río no concurso de lonxitude Jean Marie Okutu, así como a de Belén Toimil que esta pasada fin de semana lograba nos campionatos europeos de atletismo unha nova plusmarca nacional en lanzamento de peso que lle garanten a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio deste ano.

A categoría másculina contará con moitas e interesantes probas

No sector de velocidade Javier García do Real Club Celta nos 60 m. acude ca mellor marca dos participantes na defensa do título logrado o ano pasado e onde o tamén céltico Roi Martínez  cun rexistro de 7.08,  será un dos claros aspirantes a medalla.

O internacional e plusmarquista galego dos 100 m. e 200 m. Mauro Triana do Playas de Castellón xunto a Sergio Rodríguez da Gimnástica serán os encargados de aportar xunto ao resto de atletas, calidade a esta proba do dobre hectómetro que ten no internacional coruñés ao vixente campión.

Nos 400 m. a non participación de Pedro Juncal deixa as portas moi abertas nunha proba na que está inscrito David de la Fuente da Gimnástica pero onde son  Kristian Krasnov do Club Atletismo Sada con 49.35 e David Ngwudile no Celta con 49.48 os que parten con mellores rexistro do aire libre.

Será o propio David de la Fuente quen intente competir tamén sobre uns 800 m. na procura do dobrete que se lle escaparía o ano pasado nos 400 m. e onde as mellores marcas están en mans dos ausentes Adri Ben e Pedro Ossorio.

Nos 1.500 m. Carlos Porto da Gimnástica acude na defensa do seu título co mellor rexistro dos participantes de 3:56.36 (AL) xunto ao cal estará tomando parte o subcampión nacional de aire libre Sub23 nos 800 m. Elian Numa López do Coruña Comarca que non perde ollo a esta distancia.

Nos 3.000 m., proba de fondo por excelencia da pista cuberta, poderemos disfrutar da veteranía e do futuro da man do vixente campión galego Alex Fernández do Ourense Atletismo e a do Campión de España ¨oficioso¨ Sub20 de campo a través o estradense, El Mehdi El Naboaui do Playas de Castellón.

No sector dos valados veremos sobre a pista central ao finalista do último nacional Sub23  indoor Santi Rozas do Lucus Caixa Rural Galega, que parte con ventaxa con 8.50. Fronte ao lucense estará  tanto o subcampión galego da edición pasada Guzmán Carril da Atlética Lucense con 8.73 como Hugo Vázquez do Marineda que ven ocupar un extraordinario cuarto posto no recente Campionato de España Sub20.

No apartado de saltos, Andrés Vila do Lugo Runing acude en calidade de favorito á proba de altura con 1.83 m. estando a pértega máis aberta xa que o vixente campión galego Santi Ferrer da Gimnástica terá que pelexar moito tanto con Miguel Cajaraville do Celta con 4.41 m., como con Tomás López do C.A.Sada con 4.38 m. sen esquecernos de Aitor Fernández do Atletismo Narón con 4.33 m..

A lonxitude masculina será un dos pratos fortes deste campionato na que tomará parte o atleta olímpico e plusmarquista galego Jean Marie Okutu na procura de escalar os 7.77 m. que ten este ano e que o sitúan no terceiro lugar do ranking nacional.  Raul Cortizo e David Ferrer da Gimnástica con 7.14 e 6.78 m. así como Sergio Coello do Real Club Celta con 6.84 m. estarán tamén na loita polas medallas de honra.

O flamante subcampión nacional Sub23 e finalista no nacional absoluto no concurso de triplo Alex Barreirro do Lugo Runing parte como claro favorito para reeditar o seu título do ano pasado.

Por último, Victor Gallego da Gimnástica estará no círculo de peso para sumar un novo título autonómico que o convirten no atleta con máis campionatos galegos absolutos da historia do noso deporte. Fronte ao capitán da Gimnástica estará Fran Guzmán do Atletismo Sada que se atopa nun excelente estado de forma que o faría lanzar este ano ata os 13.71 m.

Previa da Categoría Feminina

Faltan menos de tres días para o gran acontecemento atlético que a nivel autonómico xuntará ás mellores atletas galegas nas instalacións cubertas de Expourense este domingo a partir das 10.30 horas.

A nivel de resultados agárdanse un alto nivel de rexistros  xa que ao bo estado de forma individual que se veu demostrando ao longo deste inverno polos participantes, súmase a excelente calidade das pistas ourensás contrastadas desde a súa inauguración, e que tería o seu culmen o ano pasado coa celebración do Campionato de España absoluto.

Cabe citar que a Federación Galega de Atletismo para garantir un campionato con plenas garantías, afectuará un cribado de todos e todas as participantes o que poderá permitir o desenvolvemento das probas de medio fondo e fondo que ata o de agora se viñan desenvolvendo ao aire libre.

As probas femininas serán do máis interesantes e disputadas  

Cunha paridade total de participación en ambos sexos, 142 atletas galegas están incritas para tomar parte neste Campionato de Galicia no que o sector de velocidade contará cunha interesantísima disputa nos 60 m. entre Cristina Garrido da Gimnástica,  e a medallista de prata nos 100 e nos 200 dos paramundiais Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural, sen esquecernos de Andrea Pais e Ana Iglesias, todas elas por debaixo dos oito segundos.

Nos 200 m. e ca ausencia de Ainhoa Reparaz que se atopa no nacional Sub18, será novamente Andrea Pais do Celta, quen acuda ca mellor marca das participantes con 25.27.

Nos 400 agardase outra proba moi disputada entre a actual campioa galega absoluta, Eugenia Gil da Gimnástica quen acredita 57.44 e María Fernández Bouza do Riazor Coruña con 57.85.

Non menos interesante deixará de estar a proba dos 800 m. onde ao igual que acontecera nos nacionais de Antequera, haberá unha interesante disputa entre Carmen Victoria González da Atlética Lucense quen acude ca mellor marca de 2:16.56, polos 2:17.10 de Irene Barreiro do Ria Ferrol. María Carballido do Friol será outra das atletas a ter moi en conta nesta proba.

A internacional galesa do Marineda que compite sen dereito a medalla, Angharad Davies será xunto a Marta Casanova do ADAS Proinor as atletas a batir nos 1.500 m. sen esquecernos da presenza de atletas da talla de Sandra Mosquera do Comesaña.

Ao igual que na categoría masculina, os 3.000 m. femininos será outra das carreiras importantes do campionato. A internacional venezolana en duathlon Edymar Brea estará na línea de saída xunto á Sub16 Xela Martínez da Atlética Lucense quen ven de rebaixar xa por dúas veces o récord galego da súa categoría dos 1.000 m. neste ano. A internacional Uxía Pérez do Playas de Castellón será outra das internacionais que estará compitiendo sobre o sintético ourensá.

A ¨doutora¨ Teresa Rodríguez volve con forza aos 60 valos logo de rematar a súa etapa académica, cooliderando a proba ca viguesa Eva Queimaño con 8.99. Precisamente a internacional Sub23 especialista en combinadas, será un dos elementos de atención da xornada xa que tomará parte ademáis na proba de altura onde acude ca mellor marca das participantes, así como na defensa do título de lonxitude logrado o ano pasado. Tania Valverde do ADAS Proinor e Marta Barragáns da Gimnástica, poderían estar na loita directa polos postos de podio nesta modalidade.

Con Alba Cuns e Diaou Diallo no nacional Sub18 de Barcelona será novamente a propia Tania Valverde quen intente facer valer a diferencia de salto de 24 centímetros deste ano que ten sobre Ariadna Gil do Vila de Cangas.

Na pértega, a campioa galega absoluta de aire libre Lola Bouza do ADAS Proinor, será quen asuma a condición de favorita, sendo o concurso de lonxitude ante a ausencia de saltadoras destacadas, o máis aberto e menos definido dos últimos anos .

Por último o principal prato forte do campionato vai ser sen lugar a dúbidas o concurso de peso onde tomará parte a plusmarquista española, e recente finalista dos pasados Campionatos de Europa de Pista Cuberta Belén Toimil. A lanzadora galega acude nun estado de forma expectacular como así o demostran eses 18.64 m. que lle garante a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio.  En Ourense rodeada da súa xente e do seu público, intentará poñer o punto e final a esta sensacional tempada invernal da mellor maneira posible.

Retransmisión en directo do Campionato

O Campionato será retransmitido en directo nas seguintes ligazóns:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.