Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Atletismo) Un campeonato nacional Sub20 con importante presenza galega

Preto de 300 atletas do todo o Estado tomarán parte durante esta fin de semana no Campionato de España de Sub20 en Antequera á que acuden un total de quince galegas e galegos .

Comezando polo sector de velocidade, estará tomando parte o finalista do nacional Sub18 dos 100 m. do ano pasado Javier Jiménez do C.A. Sada quen acude ca sétima mellor marca dos participantes

Os atletas do Celta Roi Martínez e o subcampeón galego en Ourense Jorge Román Leiros serán quenes compitan na proba dos 200 m. De igual modo os 400 m. contará con representación galega onde acude a finalista do nacional en Tarragona 2020, a coruñesa María Fernández do Riazor Coruña.

Dobre representación femenina sobre os 800 m. con presenza na línea de saída da actual campioa galega da distancia Irene Barreiro do Ría Ferrol así como a da tamén subcampioa autonómica a lucense Victoria González da Escola Atlética, as cales estarán na loita polos postos importantes da proba.

O sector do fondo xerá o máis concurrido polas galegas e galegos contando ca presenza sobre os 1.500 m. de Iker González da Escola Atlética Lucense, quinto no nacional de aire libre de Tarragona o ano pasado. Nos 3.000 m. subliñar a presenza do gañador do nacional Sub20 de campo a través o estradense El Medih El Naboaui quen parte con claras opcións de estar nos postos de honra e na que xunto a él estará correndo Carlos López de A Gándara. Atención na categoría femenina á participación tanto de Carmen Martínez de A Gángara como de Branca Fernández do San Miguel de Marín quenes estarán na loita por estar nos postos de finalistas.

Interesante será tamén os 60 valos onde o campión galego de pista cuberta Hugo Vázquez loitará por de estar nos postos de honra da proba á que acude ca sexta mellor marca dos participantes con 8.25

No foso de lonxitude, destacada presenza do finalista no nacional de aire libre 2020 Raúl Cortizo da Gimnástica quen se achega cunha MMT de 7.03 m.

Por último a pértega terá na campioa galega absoluta de aire libre Lola Bouza do ADAS Proinor a súa representante, disposta a mellorar a quinta posición do ano pasado no nacional Sub18, así como ao recente campión galego de pista cuberta Angel Granado do Celta no lanzamento de peso que pechan a relación de atletas que estarán sobre o tartán do Centro de Técnificación de Antequera

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement