Atletismo) Sete medallas nos distintos campionatos de España na fin de semana

ElMedih ElNabaoui

Un total de sete medallas foi o balance xeral obtido polas nosas e nosos representantes nos distintos Campionatos de España desenvoltos durante esta fin de semana e cuxa actividade principal centrouse nos sectores de campo a a través e lanzamentos

Campionato de España de Campo a través


No Campionato de España de Campo a Través disputado en Getafe acudía a nosa selección sin ter tomado parte en ninguna proba da modalidade durante o presente ano polas limitacións e impedimentos derivados da situación sanitaria.


Malia elo, artellouse unha selección ca cal acudir ao Campionato de España e poder tomar parte nesta importante cita. A inactividade notariase a nivel xeral nos resultados no colectivo onde Galicia foi novena na categoría Sub20 feminino; décimas na Sub23 feminino e Sub20 masculino; décimo primeiros na absoluta masculina, e décimo sextos na Sub23 masculino.


A nivel individual sen lugar a dúbidas o máis salientable foi o título de Campión de España do internacional da A Estrada Sub20  El Medih El Nabaoui quen na súa primeira competición do ano, volvía a impoñer a súa enorme calidade mellorando o  bronce do ano pasado, e acadando un meritorio triunfo que o convirten en toda unha seria realidade do panorama de campo a través a nivel nacional.


Éxitos dos lanzamentos galegos nos Campionatos de España


Citas importantes no sector de lanzamentos as vividas tanto en Montijo ca celebración do Campionato de España de lanzamentos longos de inverno como en Barbastro co desenvolvemento do mesmo campionato pero na categoría máster.

 

Sería neste último donde Ana Abuin da Atlética A Silva volvía do concello aragonés co título de campioa de España no concurso de martelo pesado con 9.60 m. e ca medalla de prata no de martelo con 25.08 m. e que amplían o palmarés da atleta  de Ribadumia.


Javier Viteri do Samertolomeu, colgabase de igual modo o título de campión de España de xavelina M55 logo de lanzar o artefacto ata os 40.50 m. .

Por último e sen abandoar a xavelina Pepe Domínguez Caballero da Atlética A Silva lograba o pleno de medallas para os galegos e galegas logo de conseguir o medalla de prata con 39.15 na categoría M50.


Si todo esto acontecía en Barbastro, Montijo centraba o outro punto de atención para o sector dos lanzamentos xa que ata alí acudían os máis importantes especialistas do Estado para tomar parte no nacional de lanzamentos longos.


Novamente a xavelina sería a modalidade destacada para os intereses galegos xa que a internacional Lidia Parada do At. Barbanza lograba o subcampionato nacional efectuando un mellor lanzamento de 53.80 m. Os éxitos non remataban aquí xa que na mesma competición e compartindo podio, Carmen Sánchez Parrondo conseguía o metal de bronce con 51.16 m. igualando o mesmo metal do ano pasado. No mesmo concurso, importante cuarto posto de Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol quen lograba unha MMP con 47.62 m. ocupando Andrea González da Gimnástica, a novena posición con con 43.88 m.


Continuando en Montijo, salientar os postos de finalistas no concurso de martelo para Carlos Revuelta que lograba a quinta posición con 60.52 m.; sexta posición para a Sub20 Irene Gómez  con 52.72 m. e o  sétimo lugar de Yago Araujo do Real Club Celta con 58.27 m. en martelo.


Os adestradoes Necho Fernández e Abelardo Moure posan xunto as atletas que dirixen: Lidia Parada (medalla de prata), Carmen Sánchez (medalla de bronce) e Ivanna Carolina Román (4ª) 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.