Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Atletismo) otro intenso fin de semana con campeonatos de España y de Galicia por medio

Campionato de España Máster de campo a Través e Campionato de España de Marcha 20 km. absoluto e sub23

O Concello de Alhama en Murcia, volve a colocar a marcha no epicentro do calendario ca celebracón este domingo do Campìonato nacional dos 20 km. absoluto e Sub23 á que acuden catro das nosas e nosos especialistas .

Na categoría masculina tomarán parte dous dos nosos máis importantes marchadores na porocura de bos rexistros. Dani Chamosa da Gimnástica é o actual campión galego absoluto sobre os 5.000 m. en pista na edición celebrada A Coruña o ano pasado, namentras que o campión de España e medallista internacional máster Juan Manuel Morales do Marineda,  facía o propio no campionato desenvolto Pontevedra sobre a mesma distancia.

Na categoría femenina estará na línea de saída a Campioa de España absoluta sobre os 10.000 m. en pista, e campioa galega sobre a mesma distancia de ruta, a internacional Antía Chamosa da Gimnástica quen estará acompañada pola marchadora do Ourense Atletismo e subcampioa galega o ano pasado en Marín, Carmén Escariz.

Campionato de España máster de campo a través

Noutro orde de cousas no concello cordobés de Almodóvar do Río disputarase este domingo o Campionato de España máster de campo a través onde un total de 25 atletas galegas e galegos tomarán parte.

Entre as inscritas atópase a santiaguesa Esther Pedrosa que entre os seus múltiples títulos tanto a nivel nacional como internacional, destaca o de subcampioa mundial máster de campo a través na edición de Torun do ano 2019.

Julia Vaquero do Trega, será outra das atletas quen tomen parte nesta cita nacional.

O resto de inscritas e inscritos son os seguintes:
  • M35: Amador Pena, Damian Espasandín e José Sanda do Compostela Atletismo;  Pablo Prada do ADAS Proinor;  Antonio Teijido  do Bathco R.T. e Juan Antonio Bogo do Atletismo Narón
  • F40: Elena Ledo do ADAS Proinor
  • M40: Rubén Diz e Javier Paredes do Ourense Atletismo
  • F45: Raquel Armesto, Inés Papín e Noelia Papín do C.A.Sada
  • M45: Pedro Pazos, Jordi Carrasco e Jesús Cabo do S.D Compostela Atletismo;  Armando Fontán, Manuel Enrique Estévez, José Manuel García e Ricardo Vázquez do ADAS Proinor
  • F50: Julia Vaquero do Trega
  • F55: Tirsa Chaves do C.A.Sada e Esther Pedrosa do P.Castellón
  • F60: Ether Martínez e Elva Fernández do C.A.Sada
  • M60: José Benito Gómez do Ourense Atletismo.
  • ..........................................................................
Campionato de Galicia Sub16 e Campionato de Galicia de Combinadas


Campionato de Galicia Sub16

O sábado será o día onde as nosas e os nosos Sub16 acudan a Expourense a tomar parte no seu Campionato de Galicia de pista cuberta á que acude un nutrido e importante número de atletas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.

Na relación de inscritas e inscritos, destaca a participación nos 60 m. tanto de José Novoas do ADAS Proinor como de Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural quenes acuden ca mellor marca dos participantes de 7.54 e 7.66 respectivamente. Na categoría femenina é Antía Pernas do Lucus Caixa Rural, quen amosa o mellor rexistro das participantes.

De igual modo disputada será tamén na categoría masculina os 300 m. onde toman parte tanto Javier Trillo do Ourense Atletismo con 37.14 como e Fabian Vidal do Barbanza con 37.47. Nas mulleres o papel de favorita será para Alicia Barreira do Ría Ferrol quen terá na estradense Arauia Al Bachere, que tamén toma parte nos 60 m. a unha dura opoñente.

Nos concursos, Nayr Cortegoso do Val Miñor na lonxitude podería chegar a barreira dos 5 m. da que a separan tan só tres centímetros. Sobre esa distancia sitúanse na categoría masculina Andrés López do Lucus Caixa Rural Galega con 5.24 e Alejandro Jiménez do Millaraio con 5.07 m.

O triplo estará un pouco mas aberto en ambas categorías.  Julia Parcero de A Silva e Priscila Sánchez do Universidade de Santiago están separadas por apenas un centímetro. Nos homes a igualdade é ainda maior  xa que tanto Andrés López do Lucus Caixa Rural Galega como Lucas Dagnec do Millaraio comparten a mesma marca de 10.87 m.

En pértega Lisa Vosberg do AVA con 3.22 e Javier Malingre do Ourense Atletismo con 3.30, lideran ampliamente este concurso ao igual que en altura o fan Noel Ferraces do Millaraio con 1.55 m. e Aldara Basteiro do ADAS Proinor con 1.52 m.

A ausencia de Adriana Rial dos valos da unha lixeira ventaxa a Marina Pérez da Gimnástica quen acredita 10.42. Nos homes será Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural o atleta a batir sobre esta distancia..

Por último nos lanzamentos, Gema Dacosta do Vila de Cangas con 11.27 m. e Brais Díaz da Atlética Lucense con 11.94 m. parten en principio como favoritos ao título galego grazas aos seus mellores rexistros.

Campionato de Galicia de Probas Combinadas

Durante a fin de semana tamén se estará disputando o Campionato de Galicia de probas combinadas con participación destacada de Adolfo Sáinz Maza do Real Club Celta que intentará reeditar o título absoluto logrado o ano pasado na pista cuberta. Xunto ao lucense estará o subcampión galego absoluto de aire libre Nicolás Arias da Atlética lucense e o subcampión galego máster 50 José Luis Domínguez do AVA.

Na categoría Sub16, tomarán parte as tres medallistas do galego de aire libre do ano pasado e onde Marta Lázara do Deza, Nadia González de A Silva e Irene Vázquez do Atletimo Narón loitarán por mellorar rexistros e marcas.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement