Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Atletismo) Oito medallas para Galicia nos nacionais Sub18 e na marcha en ruta

Un fantástico balance total de oito medallas é o resultado dos atletas galegos e galegas que acudiron esta fin de semana a tomar parte no Campionato de España Sub18 de pista cuberta que se disputou en Barcelona e no Campionato de España dos 20 km. marcha Absoluto e Sub23 en Murcia.

Comezando polo sector de velocidade, Ainhoa Reparaz do Val Miñor volvía novamente a deixar constancia da súa enorme calidade logrando nas series eliminatorias dos 200 m. un rexistro de 24.92 que representaban un novo récord galego Sub18. Malia elo, a pupila de Oscar Fernández tería agardado para a final o mellor do día xa que cunha marca de 24.78 desfacía en menos de seis horas o súa anterior plusmarca galega proclamándose ademáis campioa de España e líder do ranking nacional da súa categoría. A de Gondomar tomaría parte de igual modo na proba dos 60 m. onde lograba nas semifinais o quinto lugar con 7.89.

Nos homes Martín Barcía do Real Club Celta participaba tanto sobre nos 60 m. como sobre os 200 m. logrando nas semifinais 7.41 e 23.93 respectivamente. Nos valos David Vicente do Playas de Castellón marcaba tamén na súa semifinal 8.31 ocupando o sexto lugar

No medio fondo o tamén atleta do Celta Juán Núñez, quen saía sobre os 800 m. non lograba rematar a súa carreira, sendo a sexta posición nas semis dos 1.500 m. para Carolina Santos do Ria Ferrol con 4:58.75. Na outra serie semifinal, oitavo lugar para Marcela Morgado do Trega con 5:06.00.

No fondo unha ampla presenza galega tomaba parte neste campionato onde un fantástico Pedro Vázquez do Real Club Celta lograba proclamarse campión de España cun non menos excelente crono de 8:34.95 que ademáis o sitúan ao fronte do ranking nacional de pista cuberta. O resto dos galegos que tomaban parte nesta proba salientamos o oitavo posto na Final A de Antón Martínez da Atlética Lucense con 8:58.89, o cuarto posto na Final B de Mateo Rodríguez do Real Club Celta con 8:49.37 así como o oitavo lugar nesta mesma serie, de Iván Rego do Lucus Caixa Rural con 9:18.02.

A actual campioa galega Sub18 Emma Sihuang Pérez da Atlética Lucense, conseguía no concurso de altura pasar o listón ata 1.68 m. o que lle daban a opción de subir ao podio e viaxar de volta ata Lugo co metal nacional de bronce. Nese mesmo concurso Carlota Salagado do A.F. Celta  ocupaba posto de finalista logo de saltar ata os 1.54 m.

No peso Xiana Lado quen acudía claramente ca mellor marca das participantes non puido estar sobre os seus niveis onde malia todo elo lanzaba ata os 13.84 m., algo afastado dos seus 14.49m.  pero que serviron a esta talentosa lanzadora para lograr o subcampionato nacional.

Tamén Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense sería outra das atletas que acadaron podio grazas aos seus 3.720 puntos no concurso de pentathlon cos cales lograba unha importante medalla de prata que melloran amplamente o seu quinto lugar do ano pasado

Como colofón a todo esto, no foso de triplo producíase un auténtico man a man entre as duas mellores saltadoras do Estado xa que tanto Diauo Diallo do Ría Ferrol con 12.65 m. como Alba Cuns con 12.55 m. acudían cas dúas primeiras posicións do ranking nacional. A proba que comezou encabezando Alba con 12.30 m. no seu primeiro salto tivo réplica por parte de Diauo no cuarto con 12.27 m. sendo novamente a de Negreira quen marchaba ata os 12.43 m. na seu quinta rolda ante o que nada puido facer a ferrolá que remataría sendo prata nun concurso con xenuino e claro acento galego.

Campionato de España de Marcha dos 20 km.

Novo éxito da marchadora internacional Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra quen se proclamaba campioa de España Sub23 no Campinato de España dos 20 km. que tería por sede a cidade de Murcia. A marchadora internacional e campioa de España absoluta, completaba a proba cun rexistro oficial de  1h.36.27.

Do resto de marchadores, Daniel Chamosa da Gimnástica ocupaba a décimo segunda posición con 1h.26:22, non poidendo rematar a proba nin Carmen Escariz nin Juan Manuel Morales quenes acabarían abandonando.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement