Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Atletismo) O bo tempo súmouse á festa dos Campionatos máster e sub23/20

Intensa xornada a vivida novamente nas pistas do CGTD de Pontevedra durante a disputa dos Campionatos de Galicia dos 3.000 Sub20 e Sub23 e Campionato de fondo e medio fondo máster.

As probas correspondentes ás que non se poideron disputar nos seus respectivos campionatos de pista cuberta por motivos de seguridade, contaron cun moita afluencia de participantes o que traería consigo o desenvolvemento de gran cantidad de series en cada unha das carreiras.

Campionato de Galicia Sub20 e Sub23 dos 3.000 m.

O Campionato de Galicia dos 3.000 m. Sub20 resultaría bastante emocionante. Na categoría masculina, Carlos López de A Gándara con 8:49.49 mantivo un intenso man a man con Iker González da Atlética Lucense a quen lle quitaría dazanove centésimas cas que lograba o título galego. Nas mulleres resultou tamén moi disputada esta proba con triunfo final para Branca Fernández do San Miguel de Marín con 10.45.59 polos 10:46.07 de Paula de la Torre da Gimnástica e os 10:46.54 de Carmen Martínez de A Gándara

Na categoría Sub23 triunfos claros para María Cedrón de A Gándara con 10:28.57 e para Jorge González do Atletismo Narón quen baixaría dos nove minutos, cun rexistro oficial de 8:52.11.

Gran presenza de atletas máster no seu autonómico

Paralelamente á disputa dos Sub20 e Sub23 desenvolvíase o Campionato máster de fondo e medio fondo baixo unha inmellorable climatoloxía  para a competición.

Na marcha máster, excelentes resultados tanto de Juan Morales del Castillo do Marineda como de Emilia Rodríguez do Trega. O internacional e campión de Europa M40, volvería a estebrecer un novo récord de Galicia sobre a proba dos 3.000 marcha cun rexistro de 12:20.91. Igual de excelente resultaría a proba de Emilia quen cun tempo de 16:02.64 rebaixaba en nada menos que en máis de dous minutos e medio a anterior plusmarca galega F45.

Seguindo co apartado de récords galegos batidos, cabe salientar o logrado por José Manuel Sangiao na proba dos 400 m. M60 cun crono de 1:01.77 rebaixando os 1:02.30 vixentes desde o ano 2017.

Inés Papín do Atletismo Sada completaba a proba dos 3.000 m. cun novo récord galego F50 grazas aos seus 11:09.03. Nesta mesma proba destacado foi o rexistro do atleta do Universidade de Santiago Xosé Lois Otero Cepeda con 10:57.48 na M70

Por último récord galego F70 para a incombustible María Luisa Armesto do C.A. Sada. A coruñesa da categoría F70, era quen de parar o reloxo nuns meritorios 1:38.42 sobre os 400 m.

O campionato de Galicia remataba ca presenza de Julia Vaquero sobre o podio dos 3.000 m. na categoría F50, logrando deste xeito seu primeiro metal autonómico despois do seu regreso, en concreto o de bronce.

Xela e Lisa suben ao podio no nacional Sub16

 

Unha medalla de ouro, unha de bronce e un total de sete postos de finalistas, foi o balance das nosas e nosos representantes no Campionato de España Sub16 de pista cuberta que se disputou esta fin de semana en Oviedo.

Novamente Xela Martínez da Atlética Lucense daría mostras da súa enorme calidade e talento. A lucense quen tomaba parte na proba dos 1.000 m., impoñíase o sábado nas semifinais cun rexistro de 3:01.48, para xa logo na final do domingo, marcar un estratosférico de 2:49.81 que ademáis do título, reportaban un novo récord de España da súa categoría. Este récord, súmase ao logrado a semana pasada na proba dos 3.000 m. Nesta mesma carreira, excelente posto de finalista para Candela Sánchez do San Miguel de Marín, quen cun magnífico rexistro de 2:58.59 lograba a cuarta posición da final cunha MMP

Sen abandonar o fondo, Sara Guedes da Atlética Lucense, lograba a sexta mellor marca das participantes na súa final dos 3.000 m. cun tempo oficial de 10:24.37 que supoñen unha MMP

A segunda medalla veu da man da pertiguista do AVA Lisa Vosberg quen a semana pasada no galego Sub16, daba mostras do seu excelente estado de forma ao lograr o récord galego da súa categoría con 3.35 m. En Oviedo, malia saltar quince centímetros por debaixo da súa MMP, lograba unha meritoria terceira posición e un metal de bronce.

Outro dos resultados salientables correspondeu ao atleta do Coruña Comarca Daniel Salgueiro logo de finalizar a súa final con 1:28.49 que lle daban o cuarto lugar nesta difícil final.

A velocidade curta tería en Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega a súa mellor representante xa que acadaba na final dos 60 m. un rexistro 7.95 que lle daban a velocista, un salientable quinto lugar na final.

 Matías Moldes da Sociedad Gimnástica pola súa banda, lograba a sexta posición no concurso de hexathlon estabrecendo una puntuación total de 3.283 puntos. Mesma posición sería a que lograba a representante do Vila de Cangas Gema Dacosta no concurso de peso, onde lanzaba ata os 11.80 m. (MMP)

Nos 300 m. o plusmarquista galego da distancia Fabian Vidal do Barbanza entraba de quinto lugar na xeral cun crono de 37.84, algo alonxados dos seus 36.91 logrados apenas fai unha semana.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement