Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Atletismo) Nove novos récords galegos nesta intensa fin de semana

Cinco campionatos de Galicia e dúas probas de control desenvoltas en Ourense, Pontevedra e Lugo, foi o número total de eventos que se desenvolveron durante esta fin de semana e que arroxarían un total de nove récords autonómicos.

Para comezar, un dos protagonistas sería Luis Eyre Vázquez do Universidade de Santiago que lograba sumar no autonómico de combinadas máster un total de 1.699 puntos no seu casilleiro, o que lle daba un novo récord galego M70.

Na outra cita máster, tres foron os récords batidos entre os que se atopa o logrado por José Manuel Bao do ADAS Proinor quen na proba dos 60 m. M65 lograba un excelente rexistro de 8.71

Novamente Juan Bello da Atlética A Silva competiría a un alto nivel  no salto de pértega M50 superando o listón a 3.66 m. e logrando a plusmarca autonómica da súa categoría.

Por último e sen abandoar os concursos de saltos, Jose Barreiro do ADAS Proinor chegaba ata os 2.43 m. no foso de lonxitude que supoñen un novo récord M75

Si todo esto acontecía o sábado, o domingo poidemos presenciar o Campionato de Galicia Sub18/Sub20 e Sub/23 así como o Campionato de Galicia de Combinadas máster e Sub20 e Sub18.

Na proba de pentathlon a talentosa atleta lucense Lucía Sánchez del Valle lograba unha puntuación total de 3.768 que lle reportaban a plusmarca galega na categoría Sub18 pasando a ocupar o primeiro poisto no ranking nacional.

No concurso de peso a lanzadora do RIA Xiana Lago lograba mandar a bola ata os 14.49 no seu segundo intento o que lle serviría para lograr título e o récord da categoría.

No sector de velocidade nova exhibición de Ainhoa Reparaz que non só foi a máis rápida nos 60 m. e nos 200 m., si non que ademáis as súas marcas de 7.75 e de 25.18 serviron a velocista do Val Miñor, para establecer dous novos récords galegos e situarse de segunda no ranking nacional no dobre hectómetro.

Lugo tamen acollía a primeira xornada da Copa Deputación de Lugo, onde destacamos novamente a gran actuación de Xela Martínez que lograba parar o reloxo na proba dos 1.000 m. en nada menos que en 2:50.4 que representan un récord galego Sub16.  Con este rexistro, sitúase como líder do ranking nacional.

No Campionato de Galicia Sub16 e Sub18 de lanzamentos longos desenvolto en Pontevedra, resultados moi interesentes en líneas xerais os protagonizados polos concursantes.

Para comezar na categoría Sub16 Lara Iglesias do Samertolameu enviaba a xavelina ata os 31.01 m. polos 44.46 m. do lanzador de martelo do Millaraio Alfonso Labella.

Na Sub18 Marta Neira do AVA colocábase de primeira do ranking nacional ao lanzar ata os 57.98 en martelo situándose de igual modo Blanca Pereira no terceiro posto con 54.69 m. Bos rexistros tamén para Laura Rico do Ría Ferrol en xavelina Sub18 con 32.38 m. . En homes, Nicolás Ortega do Coruña Comarca, chegaba en disco ata os 48.86 m. polos 55.51 m. de Daniel Loureiro da Atlética A Silva en xavelina.

No tocante ao Campionato de Galicia de Probas combinadas máster, Sub20 e Sub18, triunfos nesta última categoría para Lucía Sánchez del Valle con 3.768 (novo récord galego Sub18) e Mateo Aller do C.A. Santiago con 4.252 puntos

Na categoría Sub20 triunfos para as atletas da Atletica Lucense María Bouza con 2.751 puntos e para Nicolás Arias con 4.082 puntos

A única participante na categoría máster sería a céltica Cris Estévez quen lograba unha puntuación total de 2.813 puntos na categoría W40

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement