Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Atletismo) El fin de semana tiene un nombre y un gran recuerdo : Luis Nogueira.

 Luis Nogueira, na mente de todos e todas esta fin de semana

As probas autonómicas desta fin de semana, marcan o remate dun mes de marzo que de maneira progresiva vai dando paso a unha nova tempada de aire libre. Respectando en todo momento os protocolos de seguridade e extremando as medidas sanitarias, o CGTD de Pontevedra verá novamente o domingo polas súas instalacións, a celebración de dous Campionatos de Galicia e o desenvolvemento dunha xornada de control de aire libre.

Serán preto de catrocentos atletas quenes tomen parte tanto no Campionato de Galicia Máster de Pentathlon de Lanzamentos, como nas probas de medio fondo e fondo correspondentes ao Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 que non se poideron desenvolver por protocolo COVID o pasado fin de semana en Ourense.

Este ano o cartel do pentathlon de lanzamentos máster está adicado a Luis Nogueira, queridísimo e admirado atleta retirado fai unhas tempadas como consecuencia dunha grave e irreversible enfermidade. A gran calidade humana do atleta do ADAS Proinor, vai da man de todo un amplo e salientable currículo deportivo onde destacan as cinco plusmarcas nacionais máster e os varios títulos de campión mundial de aire libre todas elas na xavelina.

A esta homenaxe contribuirán destacadas e destacados máster como a do Campión de Galicia Absoluto de combinadas 2020 Carlos Ferrer do Atletismo Narón na categoría M60.

A medallista internacional María de los Angeles Rodríguez e a plusmarquista española Ana Abuín ambas compartindo tanto a categoría F60 como o clube de A Silva, estarán tomando parte tamén neste campionato no que José Manuel Almudí do ADAS Proinor, con 80 anos, será o atleta con maior idade dos participantes.

Paralelamente dará comezo ás 10.30 horas o Campionato de menores sobre as probas de 500 m., 1.000 m. e 2.000 m., contando con nada menos que cun total de 34 carreiras sobre estas distancias.

Ao igual que xa presenciamos a semana pasada na pista cuberta de Expourense, estas probas contarán cunha alta participación de atletas pertencentes a máis de cincuenta clubs achegados de todos os puntos da nosa Comunidade.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement