Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Atletismo) ADAS Proinor e Atletismo Sada nos podios do nacional máster de campo a través

O concello cordobés de Almodóvar del Río, xuntou esta fin de semana a un importante número de atletas que acudiron a tomar parte no Campionato de España de Campo a través máster nas modalidades de individual, por equipos e mixtos. Ata alí unha importante representación de atletas galegas e galegos acudiría a tomar parte.

Esther Pedrosa, medalla de prata

A nivel individual, a santiaguesa Esther Pedrosa lograba na categoría F55 unha medalla de prata que engadir ao seu extenso e dilatado palmarés atlético. Destacado foron tamén as actuacións na F60 de Elva Fernández e Esther Martínez do C.A.Sada, quenes ocuparon as posicións sétima e oitava respectivamente.

Na categoría masculina salientable oitavo lugar para Ricardo Vázquez do ADAS Proinor na M45

Tres medallas na modalidade clubs

Na modalidade de clubs o ADAS Proinor lograba o subcampionato nacional na categoría F40 grazas as actuacións das súas atletas Esther Rodríguez, Susana Arrua e Elena Ledo.

De igual modo o equipo feminino do C.A.Sada na F45 composto por Inés e Noelia Papín e Raquel Armesto, colleitaban un meritorio terceiro lugar nunha proba domiñada polo club Trops-Cueva de Nerja

No resto de categorías sexta posición para o ADAS Proinor e décimo noveno lugar para a SD Compostela na M45. Esta mesma formación santiaguesa ocuparía o décimo quinto lugar na M35

Novo podio para o ADAS na modalidade de relevos

Xa na modalidade relevos 35-44, novo podio para o club presidido por Tinín González, quenes colleitaban unha prata  grazas ao traballo de José Talavera, Esther Rodríguez, Susana Arrua e Akka Essaadaoui



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement