Este novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións de agricultores e veciños e veciñas da zona , e as obras acométeronse por mor do mal estado do camiño de Esmoriz.
Estas obras que tiveron un custe total de 123.544,75 €.-, incluíron a ampliación, pavimentación, dotación de servizos e mellora do camiño existente.
O Concello de Arbo, tamén pretende, con este tipo de melloras das infraestruturas vinculadas ao servizo de abastecemento e saneamento municipal, dar un mellor servizo aos seus habitantes, polo que coas obras realizadas, se implantou a rede de saneamento que non existía en dito camiño.
O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente aquelas pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades é mellorar a seguridade viaria en todas as estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos, informa o alcalde do Concello, Horacio Gil. "Dende a chegada ao goberno municipal, atender as demandas dos veciños e veciñas de Arbo, é o noso obxetivo principal e ás maís de 350 obras executadas avalan o noso compromiso cos arbenses", refere o rexedor