Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Amosan o desenvolvemento das obras na Cidade da Xustiza de Vigo aos letrados da Administración de Xustiza

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá xunto a letrados da Administración de Xustiza as obras da Cidade da Xustiza, onde explicou que gazas a este proxecto disporase de 44.000 metros cadrados para uso xudicial en Vigo, dando resposta non só ás necesidades actuais senón ás futuras no marco da xustiza.

Juan José Martin indicoulles que unha vez rematadas as obras unificaranse neste complexo os edificios xudiciais cos que conta a cidade de Vigo na actualidade. Trasladaranse 36 unidades xudiciais, dúas seccións da audiencia provincial, a fiscalía da área e as subdirección do IMELGA, e a maiores reservaranse 21 oficinas para futuros crecementos do partido xudicial. En total as novas dependencias acollerán a mais de 500 traballadores.

Esta actuación enmárcase no Plan de Infraestruturas xudiciais posto en marcha pola Xunta de Galicia e dotado con 115 millóns de euros. Trátase da obra xudicial máis importante da historia á que a Xunta destina 42 M€. 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement