Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

A Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo celebra os seus 100 anos de historia

No día de onte tivo lugar a Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo, coincindo ca conmemoración do seu centenario.

O presidente Isidoro Hornillos, abriría a sesión dando a benvida a todos e todas as asembleistas para de seguido por en valor esta data tan simbólica e significativa para o atletismo galego que logo dun século de historia ¨…o converten nun dos deportes con máis peso e importancia da nosa comunidade¨.


Despois de gardarse un minuto de silenzo polas persoas do atletismo galego falecidas durante o último ano, comezaba esta asemblea centenaria na que cada un dos representantes de maneira regulada en intervencións e tempo, puido argumentar tanto a favor como en contra sobre as propostas plantexadas.


Con todo elo, aprobaríase o calendario de competición e normas técnicas da tempada 2021, a liquidación definitiva do 2019 e provisional do 2020, o orzamento do 2021 e a normativa de licenzas para o 2021, eixos fundamentais desta asemblea.

Co debate dos rogos e cuestión plantexadas polas e polos asembleistas, pechábase esta sesión de carácter ordinario desenvolta na Cidade da Cultura de Santiago.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement