¡24 de marzo! : Gala Provincial do Turismo da Deputación de Pontevedra

El 24 de marzo está ahí, a la vuelta de la esquina. 

Días atrás censurábamos el afán de la Xunta (Cultura) por promover obras de teatro, actos al fin y al cabo en lugares cerrados. Ahora es la Deputación de Pontevedra, que si no espera unos meses (cuando esté la gente vacunada) para organizar una Gala del Turismo en un local cerrado... ya no viven. Unos y otros, sueltan la cantinela aquella de "con todas las medidas de seguridad" y ya está. Desde nuestro particular punto de vista, las instituciones deberían de ser más cautas en la situación actual, por mucho que los números de la Covid bajen actualmente. Porque sabemos bien lo rápido que suben llegado el caso. En fin... allá cada uno.

Vaya ahora la información que nos remite el organismo provincial...

A Gala Provincial do Turismo da Deputación de Pontevedra volve ao Auditorio Mar de Vigo tralo parón de 2020 pola pandemia. E farao cunha cerimonia que, segundo adiantou esta mañá a presidenta da institución, Carmela Silva, “será dinámica, con música, espectáculo, moitas sorpresas e respectando todos os protocolos fronte á Covid-19”. A presentación na sede viguesa da Deputación contou con convidados especiais conectados por vía telemática, os chefs Pepe Solla (Casa Solla, en Poio), Rafa Centeno (Maruja Limón, Vigo), Alberto González Prelcic (Silabario, Vigo) e Iñaki Bretal (O Eirado da Leña, Pontevedra), todos con estrela na Guía Michelin. “Eles e os demais chefs dos sete restaurantes con estrela da provincia serán os nosos Embaixadores Rías Baixas 2021”, desvelou Carmela Silva. Aos presentes súmanse Javier Olleros (de Culler de Pau, O Grove, restaurante que acadou dúas estrelas e que codirixe Amaranta Rodríguez), Pepe Vieira (do establecemento que leva o seu nome en Poio), Inés Abril (de Maruja Limón xunto a Centeno) e Yayo Daporta (do restaurante co seu nome, en Cambados).


O evento celebrarase o día 24 de marzo e alí a Deputación fará entrega  dos diplomas do selo de calidade do SICTED aos e ás representantes de 136 empresas privadas e entidades públicas do sector turístico da provincia. “Queremos mostrar todo o noso apoio ao sector do turismo, o comercio e a hostalería, que ten sufrido un enorme impacto económico, e cremos que este é o momento para homenaxealos e prepararnos para saír desta situación con máis forza”, explicou Carmela Silva. Na provincia hai 303 empresas no SICTED, das que recibirán os diplomas aquelas 136 que acaban de obter o selo ou ás que lles toca renovalo. “Somos líderes nacionais neste distintivo de calidade, que acredita a excelencia do noso sector”, resaltou a presidenta.


O acto terá unha presentadora moi especial. “A gala estará conducida por Celia Freijeiro, viguesa e unha das nosas grandes actrices de cine, televisión e teatro”, anunciou Silva. A intérprete de “Vida Perfecta”, serie premiada no Festival  de Series de Cannes, xa protagonizara o vídeo oficial de “Sigue o teu instinto”, a campaña turística da Deputación en 2020. A campaña deste ano, “Momentos Rías Baixas”, será o fío condutor da Gala. “Será unha viaxe pola provincia,  os bosques e rías, castelos, gastronomía, cultura, festas e Camiño de Santiago, e xirará en torno a momentos: un atardecer, un paseo pola natureza, unha visitas ás Cíes, ou unha experiencia gastronómica nun dos nosos restaurantes con Estrela Michelin”, subliñou a presidenta.


Durante o vento proxectarase o vídeo de “Sigue o teu instinto” adaptado para os festivais internacionais aos que se presentará, e un vídeo de “Momentos Rías Baixas” protagonizado por persoas do sector. Ademais anunciaranse os gañadores e gañadoras do primeiro concurso “Momentos Rías Baixas”, que está aberto en redes sociais e que recibiu xa máis de mil imaxes. “Será un gran espectáculo, moi dixital e tecnolóxico, cunha gran pantalla curva tralo escenario que chamará moito a atención e photocall con imaxes do comercio, hostalería, artesanía... para facerlles unha homenaxe a todas as persoas que contribúen a facer provincia e teñen sufrido moi especialmente as consecuencias da crise pola pandemia”, engadiu a presidenta.


“O buque insignia da nosa gastronomía”

Carmela Silva felicitou aos e ás chefs e aos seus equipos polo gran éxito colleitado este ano. “Estámosvos moi agradecidos por decir que si á proposta de que sexades embaixadores. Os chefs Michelin son un orgullo, o buque insignia da nosa gastronomía. Son os cracks da nosa cociña, e sitúannos na vangarda internacional. E detrás dos seus pratos hai un respecto e coidado ao produto que extraen do mar, da terra e os viñedos miles de produtores e produtoras: mariscadoras, mariscadores, gandeiros e gandeiras, agricultoras e agricultores… As persoas que fan que a nosa enogastronomía goce de prestixio en todo o mundo”, salientou Carmela Silva.


Pontevedra Provincia era xa unha potencia a nivel nacional en Estrelas Michelin, con 5 restaurantes galardoados, e en 2021 alcanzaronse tres fitos máis: sumáronse Eirado da Leña e Silabario (que xa a tiña na súa etapa anterior en Tui); por primeira vez un restaurante da provincia acada as dúas estrelas, Culler de Pau; e tanto Culler de Pau como Pepe Vieira entraron na lista de 21 restaurantes de España que recibiron a Estrela Verde, a nova distinción da Guía Michelín que recoñece o traballo a prol da sostibilidade no campo gastronómico.


Os chefs: “Sentímonos honrados”

Os chefs tomaron a palabra para agradecer á Deputación  o nomeamento e salientar que o éxito da gastronomía das Rías Baixas é colectivo, desde os produtores e produtoras ata as cociñeiras e cociñeiros. “O recoñecemento da nosa cociña é un traballo de todas as persoas que están detrás de nós. Sentímonos honrados, asumimos o reto de ser embaixadores e agradecemos que desde a Deputación organicedes actividades como esta gala, responsables e con todas as medidas”, destacou Pepe Solla.


Rafa Centeno redundou en que “a xente que traballa con nós forma parte tamén dos embaixadores e todos xuntos imos ser capaces de situar aínda máis alto o destino Rías Baixas”. Alberto González salientou na mesma liña que “esta crise puxo de manifesto a necesidade de estar xuntos e o sector precisa do pulo da Administración: o camiño é a cooperación”. Pola súa parte, Iñaki Bretal anotou que “é o momento de axudarnos entre todos a dar xuntos o mellor de nós e facer un destino aínda máis sostible e de calidade”.


Os chefs recibirán durante a gala como recoñecemento unha peza de artesanía creada por Ana Tenorio, premio Artesanía de Galicia 2018, e inspirada na camelia das Rías Baixas. 


Protocolos fronte a Covid-19 e “streaming”

Carmela Silva fixo fincapé en que na Gala aplicaranse todos os protocolos fronte á COVID-19. “Cumpriremos exhaustivamente todas as medidas de seguridade, tanto de limitación de aforo como de distancia entre as butacas no hall do Auditorio Mar de Vigo. As fotos de familia dos distintos grupos faranse por quendas reducidas, e a asistencia tanto dos e das premiadas como dos alcaldes, alcaldesas e demais autoridades, será con invitación e confirmación expresa para garantir que se cumpre o aforo”, destacou.  O evento poderá seguirse en streaming na páxina web da Deputación de Pontevedra e a través das redes sociais.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.