Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo. Caballero engorda el presupuesto de 2021 con 60 millones de remanentes

O Concello de Vigo incorpora 60 millóns de euros de remanentes ao orzamento de 2021. O alcalde explicou este martes en rolda de prensa que ademais destes máis de 60 millóns de euros que se suman ao presuposto municipal para 2021, haberá 20 millóns de euros adicionais de remanentes para investir na cidade.

O Concello dispoñerá no orzamento de 2021 de 60 millóns de euros de remanentes, procedentes do exercicio 2020, e poderá incorporar 20 millóns máis de remanentes nas vindeiras semanas, o que significa para o rexedor “máis investimento e máis tirón económico”. Amais, cómpre sumar os recursos que achegará este ano a Deputación de Pontevedra para a cidade así como os recursos europeos.

O alcalde Caballero apuntou que unha parte destes remanentes será dedicada a sufragar as indemnizacións para resarcir as concesións dos aparcamentos de Jenaro de la Fuente e Castelao, por un importe total con intereses de 8,5 millóns de euros, así como ao pago da indemnización á empresa da XER pola suspensión do servizo no período de confinamento domiciliario de 2020 por mor da pandemia.

Entre os investimentos previstos polo Concello para o remanente de tesourería están as seguintes obras: a humanización de Alcalde Gregorio Espino, a humanización da rúa Valladolid, a iluminación do Parque de Castrelos, a humanización dun tramo enteiro da Estrada Clara Campoamor, o ascensor que unirá a nova Praza da Estación con Vía Norte, o proxecto do ascensor entre García Barbón e Vía Norte, as humanizacións de García Barbón, entre Rosalía de Castro e Isaac Peral, Tercio de Afora, Julia Minguillón e Vista Alegre, rúa Troncoso, Colombia, fase 2, rúa Romil, rúa Marín, rúa Rosal e a fase sexta e última da rúa Aragón. A humanización da Praza da Miñoca, a Praza Elíptica, a escaleira mecánica da rúa Talude, a reforma do túnel de Beiramar, o ascensor entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón, cubrición do patio do colexio Villalaura e do tranvía histórico situado en Coia; a reforma do campo de fútbol O Vao, as humanizacións da rúa Fontáns, Curros, Subride, Areeiro, Rosal Florido, Bagunda e Paz Pardo. En Teis, o Concello dedicará fondos dos remanentes á humanización das rúas Foxos, Purificación Saavedra, Travesía de Guixar, a Vía Verde, a rampla mecánica no Centro de saúde, a nova biblioteca municipal e cubrirá o patio do colexio Frián. En Valladares, humanización de Camiño Laranxo, Estrada do Freixo e Torreiro de Valladares e, amais investirá en gardarraís de seguridade. A humanización de Camiño da Brea, rúa Costa da Gándara en Beade; en Cabral a humanización da Praza da Feira, Penís de abaixo e o campo de fútbol Santa Mariña así como un plan de eficiencia enerxética por valor de 2,5 millóns de euros.

 

  

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement