"Suillo", el perro más veterano del centro de acogida de Deputación... por fin encontró dueño




A do can “Suíllo” e o seu novo dono, o pontevedrés Francisco Aboal, foi hoxe a imaxe coa que a presidenta da Deputación Carmela Silva quixo poñer en valor ás persoas que deciden adoptar cans e cadelas “e que amosan unha forma marabillosa de estar no mundo, que é o apego polos animais; representan a unha sociedade que merece moito a pena”. “Suíllo” era ata agora o can máis veterano do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN), onde entrou hai dous anos e medio tras ser recollido en Gondomar, e desde a pasada semana é un dos 100 animais que desde as instalacións, que xestiona a Deputación, lograron acadar un novo fogar no que vai de ano.


Son, como destacou hoxe a presidenta, cifras “excepcionais”, se se ten en conta que o pasado ano acadárase o récord anual de adopcións, con 583, e que no mesmo período, entre o 1 de xaneiro e o 16 de febreiro, levábanse entón 37. “Triplicamos e polo tanto estamos felices –sinalou-, porque isto significa que a sociedade se compromete máis ao coidado dos animais e co benestar animal e opta polas adopcións”.


 “Suíllo”, de seis anos, é agora a alegría da familia en casa de Francisco Aboal, en Mourente (Pontevedra), quen se amosou encantado da súa compañía. “Eu pido á xente que adopte cans, porque piden pouco e transmiten moita felicidade –sinalou-. Levo oito días con este can e aí o teñen. É máis valente ca min e dáme moito. Emocióname como me mira”. Aboal tamén agradeceu á labor que desenvolve a Deputación a través do CAAN no coidado destes animais mentres non atopan un novo fogar. “E pido á xente que os adopte para coidalos, non para telos nunha finca abandonados”, concluíu.


A presidenta destacou que das 100 adopcións deste 2021, 81 rexistráronse en Galicia, mentres que houbo 9 en Castela A Mancha, 7 en Castela León, 1 en Cataluña, 1 no País Vasco e 1 en Extremadura. Das galegas, 72 foron na provincia de Pontevedra, 6 en Lugo e 3 na A Coruña e ata agora o Concello con máis adopcións foi A Estrada (15), seguido de Vigo (13) e Pontevedra (8).


A “outra cara da moeda” segue a estar nas situacións de abandono. No que vai de ano houbo 121 recollidas, cunha media de 80 ao mes, aínda que reflicte unha tendencia á baixa xa que o ano pasado foi de 114. “Ogallá continuemos con esta tendencia de aumento de adopcións e diminución das recollidas”, dixo a presidenta, aínda se están a producir situacións “lamentables “. Deste xeito, citou o caso de nove cachorros de tan só un día de idade que foron recollidos abandonados nun monte en Valga o pasado día 14, despois da alerta dunha veciña. Tamén a recente recollida de hoxe mesmo, unha camada de 7 cachorros abandonados nun colector en Ribadumia. “É intolerable abandonar así aos cachorros” –lamentou-

Doutra banda, co exemplo de “Suíllo”, a presidenta tamén quixo destacar o feito de que o CAAN está dando saída aos animais que máis tempo levaban no centro, “polo que estamos a lograr un dos grandes obxectivos, que é que os cans e cadelas que recollemos pasen o menor tempo posible nas instalacións e acaden un novo fogar”. Trala marcha deste can, agora o relevo de veterano o recibiu “Posto”, que tamén entrou no 2018. “Queremos que cada vez haxa menos avós e avoas no CAAN, que haxa menos tempo de permanencia”, subliñou.  

Francisco Aboal: “Pido á xente que adopte, porque os animais piden pouco e transmiten moita felicidadeEmocióname como me mira” 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.