Piscina municipal anquilosada en A Guarda. BNG quiere ayudar al Gobierno socialista


En A Guarda, el BNG dice querer echarle una mano al Gobierno socialista en el estado calamitoso en que se encuentra la piscina municipal.

A piscina municipal conta cunhas instalacións moi anticuadas que provocan un elevado consumo enerxético. De non solucionar estes problemas, en moi pouco tempo, esta infraestructura non vai ser viábel. As limitacións impostas polos protocolos da COVID-19 evidenciaron se cabe con maior claridade estas deficiencias.

O voceiro municipal do BNG, Anxo Baz, manifestou “é necesaría unha intervención urxente que debe basearse en dous eixos, compre facer un estudo que diagnostique con precisión as eivas da piscina e atendendo as súas recomendacións levar adiante un proxecto de reforma en termos de eficiencia enerxética e optimización dos servizos. Ademais urxe redactar un novo proceso de licitación dado que a actual empresa adxudicataria xa expresou a súa intención de renunciar a prórroga do contrato”.

Anxo Baz concluiu dicindo “dende O BNG tendémoslle a man ao Goberno Municipal para traballar nunha solución que garanta a continuidade da piscina municipal”.

Anxo Baz


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.