Peajes). El Bloque se moviliza y exige a Sánchez que "cumpla con la palabra dada"

O BNG desprega na comarca de Vigo a campaña contra a “aldraxe” da AP-9 esixíndolle ao Goberno central que “cumpra coa palabra dada”

Denuncia a “dilación e permanente incumprimento” por parte do Goberno Sánchez para efectivizar as bonificacións nas peaxes e a supresión da de Redondela.


O Bloque Nacionalista Galego presentou esta mañá en Chapela a campaña social que están a promover en toda Galicia contra a aldraxe da AP9 e para esixir o Goberno central que cumpra "coa máxima urxencia" cos seus compromisos para bonificar as peaxes e suprimir a do treito Vigo-Redondela. Nun acto simbólico, nas inmediacións da peaxe de Chapela, a fronte nacionalista despregou unha faixa co lema da campaña en presenza da deputada no Parlamento galego, Alexandra Fernández, e de portavoces municipais de diferentes concellos da comarca, así como responsábeis orgánicos do Bloque.

Fernández criticou a "dilación e o incumprimento permanente" coa que o executivo de Madrid está a xestionar esta cuestión. "O acordo de investidura, no que se recollían os compromisos en relación ás bonificacións das peaxes e a supresión da de Redondela, asinouse hai un ano. Tiveron todo este tempo para facer os cambios normativos que precisasen, por iso non podemos aceptar que a única previsión sexa a do primeiro semestre deste ano. O pobo galego xa tivemos paciencia abondo", sinalou.

A deputada nacionalista urxiu a executar "xa" as medidas acordadas tendo en conta que o Goberno xa dispón dunha partida orzamentaria de máis de 50 millóns de euros para financialas. Aliás, considerou inaceptábel que o Ministerio alegue agora "dificultades" para suprimir a peaxe de Rande. "O único que vimos até o momento polo Goberno español foron escusas. Teñen que cumprir con Galiza porque non estamos dispostos e dispostas a seguir soportando esta aldraxe", esixiu.

Pola súa banda o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, remarcou que poucos asuntos xeran "un rexeitamento tan unánime na cidadanía como a estafa diaria das peaxes da AP9". Igrexas, criticou o "cinismo" do PSdeG-PSOE, que "din que o compromiso de bonificar as peaxes e de suprimir a de Chapela é firme e ao tempo teñen a ousadía de votar en contra dunha moción do BNG no Concello de Vigo esixindo que se faga efectivo".

O portavoz municipal do Bloque en Redondela, Xoán Carlos González, sinalou o carácter abusivo da peaxe de Chapela e o grave prexuízo que xera á veciñanza de Redondela. "Levamos máis de 30 anos sufrindo esta peaxe e entendemos que é momento xa de que o PSOE cumpra cos seus compromisos", acrecentou. A supresión da peaxe permitirá mellorar a mobilidade na parroquia de Chapela eliminando ruídos e tránsito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.