Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Pablo López rescata "A Memoria Viva" del Centro Gallego de La Habana

Pablo López es un excelente periodista, ya con dilatada trayectoria, que -además de la crónica del día a día- cultiva vertientes que le llevan a ser protagonista de la información que acompañamos debajo. Pablo es, en este caso que nos ocupa, el gran documentalista que ha sido capaz de poner en primer plano la historia enorme que encierra el magno edificio del llamado "Centro Gallego", en la capital de Cuba, en La Habana. 

Pablo López, con indudable mérito, buscó el modo y manera -lo más viva y testimonial posible- de narrar la historia de este emblemático edificio habanero, poniendo muy en valor la importancia que tuvo para el colectivo de gallegos residentes en La Habana. Estamos, pues, ante una producción audiovisual a modo de documental titulado "A Memoria Viva", a través de la que podremos conocer la historia del Centro Gallego de La Habana.

A XUNTA DIFUNDIRÁ DENDE O PRÓXIMO SÁBADO NAS SÚAS REDES O DOCUMENTAL “A MEMORIA VIVA” SOBRE O CENTRO GALLEGO DA HABANA

Os secretarios da Emigración e Política Lingüística presentaron esta tarde a produción audiovisual do xornalista galego Pablo López, quen reconstruíu a historia deste edificio a través da memoria de varios dos seus membros


As secretarías xerais da Emigración e de Política Lingüística, difundirán a través das súas plataformas web e redes sociais, a partir do próximo sábado, día 27, o documental “A memoria viva” a través do cal se pode coñecer a historia do Centro Gallego da Habana.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Língüística, Valentín García Gómez, presentaron hoxe, a través de Facebook Live esta produción audiovisual realizada polo xornalista galego Pablo López e que forma parte do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

O documental narra a historia deste emblemático edificio da man dalgúns dos seus protagonistas: emigrantes que aínda recordan a importancia que o centro tivo para o colectivo de galegos residentes en Cuba e que forman parte da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, quen recolleu a labor do Centro Gallego da Habana despois da súa disolución.

Antonio Rodríguez Miranda destacou que o Centro Gallego da Habana é algo máis que una construción, “falamos dun edificio que ten corazón. De feito, na súa fachada conta con catro grupos escultóricos que representan o que a institución lles ofrecía aos galegos que chegaban a Cuba: educación, atención social e cultural, tanto na música como no teatro. Podería dicirse que é o edificio máis bonito co que conta a galeguidade no mundo, e as súas paredes gardan importantes e emocionantes historias”.

Pola súa banda, Valentín García incidiu “na importancia que tivo este epicentro cultural internacional na divulgación e coñecemento das grandes obras e autores do Rexurdimento galego, exercendo de mecenas, dando ao prelo e financiando volumes que fixeron posible as edicións de Rosalía, Curros ou Pondal”. “Galicia garda con Cuba unha inmensa débeda cultural e infinidade de lazos, que materializaron grandes fitos na historia do pobo galego, como o primeiro inzamento da bandeira, a estrea da letra do himno ou os esteos da Real Academia Galega”, concluíu.

Rodríguez Miranda, Valentín García y -debajo- Pablo López


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement