Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O Morrazo. FECIMO se plantea fidelizar a los clientes post-confinamiento


Fecimo inicia no mes de febreiro unha formación continuada de 12 sesións para

entender e adaptarse aos cambios nos clientes tralo confinamento.


FECIMO COMEZA O PROGRAMA DE FORMACIÓN

2021: “FIDELIZA AO CLIENTE POST

CONFINAMENTO”


Coa chegada en 2020 do COVID‐19, asistimos a creación dun punto de inflexión no tecido

comercial e industrial tal e como o coñeciamos, por tal motivo a Federación de

Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO –porá en marcha o vindeiro 10 de febreiro

o curso “FIDELIZA AO CLIENTE POST CONFINAMENTO” gratuíto para tódolos seus asociados.

Os peches, as restricións e o distanciamento veñen de crear e potenciar novos hábitos e

formas de consumo, así como, modificar as relacións cliente‐comercio, tal e como as

coñeciamos, conscientes deste cambio de situación, dende FECIMO, impulsamos unha

proposta formativa de 20 horas que axudará a entender mellor esta nova realidade, crear

novas estratexias e mostrar unha orientación adecuada para que o tecido comercial,

hostaleiro e industrial da Comarca poida tomar as mellores decisións cara o futuro dos seus

negocios.


O programa do curso será impartido mediante reunións en liña interactivas contando cun

total de 12 sesións nas que cada unha estará dedicada a unha temática concreta e entre as

que caben destacar títulos como “entendendo ao “novo” cliente desconfinado” ou

reenfocar para fidelizar”.

O curso que comezará o vindeiro mércores 10 de febreiro está previsto que se estenda

durante os vindeiros meses ata o 5 de maio.

Será impartido por un relator de primeiro nivel como é Miguel Ángel Souto Fraga,

Licenciado en Ciencias da Información e Executive MBA pola Escola de Negocios Caixanova‐

IESIDE.

Miguel Ángel conta con 25 anos de carreira directiva multisectorial, sempre nos campos das

vendas, marketing e comunicación, e como Director Comercial ou en Marketing de

empresas como SARGADELOS ou ENGEL & VÖLKERS INMOBILIARIA.


Miguel A. Souto Fraga


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement