Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O goberno de Vigo eleva a achega á Protectora de Animais e creará unha app de adopción

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres pasado o proxecto de convenio coa entidade, que continuará coidando aos animais abandonados e xestionando o refuxio municipal da Madroa. O Concello, que eleva a contía anual ata os 105.000 euros, lanzará unha app cos datos dos cans e gatos para promover a acollida.

Abel Caballero informou este venres dalgúns dos asuntos tratados pola Xunta de Goberno Local, entre os que destacou a reedición do convenio coa Asociación Protectora de Animais e Prantas de Vigo para a recollida de animais e atención do centro municipal da Madroa. Entre as novidades deste acordo a tres anos, o incremento de preto dun 10% do apoio anual á entidade, que pasa de 96.000 a 105.000 euros.

A Protectora encárgase de coidar aos animais e xestionar o recinto municipal e o Concello, ademais desta achega, encárgase dos gastos do espazo (electricidade, telefonía, auga...) e dos investimentos nas instalacións. A este respecto, o alcalde comunicou que no pasado ano adicáronse 60.000 euros para obras como unha nova oficina para recibir á cidadanía, entre outras.

Entre as novidades que incorpora o novo convenio se inclúe a creación dunha aplicación que pretende facilitar o proceso de adopción, segundo explicou Caballero, e recollerá datos, características e necesidades dos cans e gatos sen ter que achegarse ata o refuxio ata o momento de formalizar a acollida. Ademais, tamén se contempla a figura da adopción temporal, na que unha persoa poida encargarse dun animal durante un período determinado co compromiso de devolvelo cando exista unha acollida permanente.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement