Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O BNG urxirá no Pleno que Concello e Xunta actúen para evitar que o Marisquiño abandone Vigo

Tras o comunicado da entidade promotora do ‘O Marisquiño’ no que anunciaba publicamente a suspensión definitiva da edición de 2021 e a decisión de abandonar a cidade, o Bloque Nacionalista Galego urxirá no vindeiro Pleno municipal que Concello de Vigo e Xunta de Galiza actúen para garantir a continuidade do festival na cidade olívica.

A través dunha moción de urxencia, rexistrada esta mesma mañá, o Bloque defende que o Marisquiño é un dos grandes eventos da cidade que maior repercusión internacional suscita, e cun impacto moi relevante en termos económicos para a nosa cidade.

O alcance deste evento, que xa conta con 19 edicións, seguido en liña en máis de 50 países e que atinxiu afluencias de ate 160 mil visitantes, converteu a Vigo, e por extensión a Galicia, nun dos máis importantes referentes da cultural e deportes urbanos, contribuíndo á proxección internacional da nosa cidade e sendo unha das actividades con mellor resposta de público, especialmente entre a mocidade.

A moción do Bloque insta, aos gobernos local e galego, a adoptaren as medidas necesarias para asegurar a colaboración institucional que permita a continuidade do Marisquiño na cidade. “O que urximos desde o BNG é que Concello e Xunta non permitan que a cidade perda un dos seus principais eventos internacionais”, resumiu Igrexas.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement