Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O Bloque quere mobilizar 1.096 millóns para “abrir un novo tempo para as rías galegas”

O deputado do BNG, Luís Bará, presentou hoxe en Pontevedra a proposta estratéxica integral para as rías galegas incluída dentro do programa “Galiza Next. Xerar Futuro”, que engloba 45 proxectos concretos (41 estratéxicos galegos e 4 proxectos territoriais, entre os que insire o proxecto para as rías) e que ten como obxectivo "transformar a economía galega para crear un país con futuro para as seguintes xeracións".

Refere Bará que para lograr esta transformación é preciso ter en conta tres pancas: a transformación ecolóxica, a transformación dixital e a investigación e innovación. “Ese esforzo desas grandes pancas de transformación ten que ir dirixido a fortalecer os servizos públicos e o tecido económico e social en grandes sectores estratéxicos e produtivos da economía galega, no que se encontra todo o complexo mar-industria”, dixo Bará. O obxectivo é fortalecer todo o tecido produtivo con capilaridade, apoiando de forma prioritaria á pequena e mediana empresa, fronte á proposta do PP dirixida a favorecer ás grandes empresas do IBEX".

A proposta do BNG para as rías ten, pois, como finalidade "fortalecer e desenvolver un sector fundamental da nosa economía, que xera moito emprego e ten moitas posibilidades de desenvolvemento e expansión para o futuro, porque Galiza é un país altamente dependente da pesca, aínda que non estea recoñecida así nos tratados internacionais asinados polo Estado español. Compre lembrar, neste sentido, que o noso país conta con 3845 embarcacións de artes menosres (pesca de baixura e marisqueo a flote) e 1270 embarcacións auxiliares de apoio ás bateas mexiloeiras".

A proposta estratéxica integral do BNG para as rías galegas, que se asenta en sete grandes piares, pretende mobilizar 1096 millóns de euros, até 2027.
Estes piares son:

1) Investigación e ciencia. 32 millóns de euros para un consorcio público, xestionado dende Galicia, que englobe a todos os centros de investigación que temos nas universidades e no sector públigo galego e
estatal, para crear un rede de traballo en común que situe a Galicia comoo principal complexo de investigación científico-técnica de Europavencellado co mar. “Por tradición e por capacidade poderemos liderar ese papel en Europa”, afirmou o deputado do Bloque.

2) Mellora da calidade das augas dos ríos. 152 millóns para eliminar todo tipo de vertidos contaminantes, tanto domésticos como industriais, nos ríos, para controlar os desagüamentos dos encoros... O BNG propón mobilizar 1.096 millóns de euros para a recuperación produtiva das rías galegas entre o 2021 e o 2027 salinidade das rías e para estudar o desmantelamento daqueles encoros que poidan ser perxudiciais para a saúde pública e a calidade das augas dos ríos e das rías.

3) Recuperación e rexeneración das rías. 601 millóns para eliminar, entre outras cousas, “1575 puntos de vertidos contaminantes nas rías galegas”. Destos 601 millóns, 500 irían destinados a actuacións de
depuración e saneamento, 100 a rexeneración e dragaxes e 1 millón para a realización dun estudo sobre a calidade das augas e medidas para mellorala.

4) Recuperación da costa. 200 millóns para recuperar e rexenerar os terreos de dominio público marítimo-terrestre: humidais, xunqueiras, sistemas dunais… e o traslado de equipamentos non relacionados co mar, como os que se ubican na xunqueira da Gándara.

5) Recuperación produtiva. 82 millóns para a recuperación de zonas actualmente improdutivas ou de baixo rendemento, elaboración de novos planos de explotación, creación de reservas mariñas, creación
de granxas de produción de semente autóctona para os bivalvos (actualmente temos que importar toda a semente), control de doenzas e pragas, control de especies invasoras e un plan para o aproveitamento de cunchas e refugallos.

6) Comercialización. 25 millóns co obxectivo de crear valor engadido, para que o se propón a creación dunha sociede mixta público-privada para a promoción do produto galego, a imaxe de marca, a trazabilidade e o fortalecemento das canles de distribución, coa creación dunha Plataforma público-privada de venda on line.

7) Enerxías renovábeis e aforro enerxético. 4 millóns para a mellora da eficiencia enerxética e a instalación de equipamentos de enerxías renovábeis tanto das sedes e edificios da administración como das confrarías que xestionan todo o que ten que ver co mar.

Trátase, pois, dun proxecto ambicioso, con vocación de futuro, transformador para, en palabras do deputado soberanista Luís Bará, “abrir un novo tempo para as rías galegas”.






Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement