Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Nuevos ataques de Carmela Silva a la Xunta presumiendo de agilidad en ayudas

La Presidenta de la Deputación de Pontevedra aprovechó este viernes para lanzar nuevos ataques a la Xunta de Galicia. Presumiendo de una agilidad por parte del organismo provincial que, según ella, es insuperable ... en su discurso se colaron una serie de invectivas de las que da cuenta la nota informativa que sigue...

"MÁXIMA AXILIDADE DA DEPUTACIÓN E DOS CONCELLOS QUE PECHAN ACHEGAS POR 3,7 MILLÓNS DE EUROS DESTINADAS Á CREACIÓN DE 335 EMPREGOS "

Carmela Silva: “En menos dun mes estamos aprobando solicitudes de 25 concellos da Liña de Emprego; ¿Hai alguén máis áxil que o mundo local en xestionar estas axudas?”

Menos dun mes despois da aprobación definitiva do orzamento provincial e de que se abrise o prazo de presentación de solicitudes, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar xa ata 3,7 millóns de euros do Plan Concellos en dotación de recursos aos municipios, baixo a premisa da máxima axilización na neste momento crítico da pandemia. Deste xeito, a Xunta de Goberno aprobou hoxe as primeiras achegas para a financiación da contratación de 335 persoas traballadoras ao abeiro da Liña 3 de Emprego do Plan, para un total de 25 concellos.

A presidenta Carmela Silva remarcou que estas primeiras axudas do plan amosan a axilidade do mundo local á hora de xestionar recursos e neste senso, felicitou aos concellos pola celeridade en solicitar estas achegas que pon a súa disposición a institución provincial. “Son 335 traballadores para 25 concellos que nun momento tan complexo como o que estamos a vivir é algo fundamental –manifestou-. Porque as consecuencias da Covid son sanitarias e terribles, pero tamén son de carácter económico e social. E ter un proxecto que permita a contratación de emprego é fundamental neste momento”.

Estas achegas van permitir, como subliñou, “garantir dereitos e servizos como soamente este administración están sendo capaz de garantir en todos os concellos”. Neste senso, comparou a axilidade do mundo local fronte á Xunta de Galicia en cuestións como o pago de facturas ou o reparto de axudas. “Os datos está enriba da mesa e os pode cotexar calquera. As axudas chegan nun prazo moito menor se a xestionan os concellos que se as xestionan a administración autonómica. Particularmente se as xestiona a Xunta. Este é un bo exemplo diso”.

A presidenta lembrou que o pasado 2020 a por estas datas tiñan solicitado estas axudas da Liña 3 de Emprego un total de 13 concellos, mentres que neste 2021 desde que se abriu o prazo de presentación de solicitudes o 11 de xaneiro foron xa 25, “e polo tanto en menos dun mes xa estamos aprobándoas”. “Hai alguén máis áxil que o mundo local para xestionar esas axudas? O demostran estes datos”, concluíu

Os concellos aos que van dirixidas as axudas aprobadas son Arbo, Oia, Pazos de Borbén, Baiona, Lalín, Moraña, Salvaterra, Vila de Cruces, As Neves, A Lama, Cuntis, Poio, Portas, Forcarei, Vilanova, O Rosal, Nigrán, Marín, Mondariz-Balneario, Crecente, Covelo, Vilaboa, Salceda, Fornelos e Redondela

Nesta primeira relación figuran postos para facer fronte a servizos municipais esenciais, como limpeza, recollida de lixo, conserxería, peóns/as forestais, operarios/as da construción ou condutores/as, auxiliares administrativos/as, técnicos/as de turismo, técnicos/as de protección civil, postos de técnicos/as de mocidade, e tamén pídense entre outros perfís licenciados/as ou graduados/as en ADE, Económicas ou Dereito.

Carmela Silva engadiu que a duración dos contratos a deciden os concellos “porque, como sempre no Plan Concellos e como en toda a nosa actividade política en relación cos concellos, é respectar á súa liberdade”. “Os concellos son maiores de idade e ten que facerse real a autonomía municipal recollida na Constitución. Nós a defendemos non con palabrería, senón con feitos. O único requisito é que hai que respectar os salarios da cada unha das persoas respecto á súa cualificación profesional, a duración e condicións de xornada, é dicir, garantir dereitos das persoas que se contratan”.

Así mesmo, a Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou as primeiras achegas por preto de 120.000 euros dentro da Liña 2 do Plan Concellos, dirixidas ao pago de débedas, gastos correntes e actividades culturais. Nesta primeira relación recibirán axudas o concellos de Oia, Pazos de Borbén, Pontecesures, Vilagarcía (2) e Vilanova de Arousa. As achegas son para financiar gastos correntes dos servizos municipais de limpeza e iluminación e poda, e, no caso de Vilanova, para unha actividade prevista para o verán.

Axudas contratación de persoal para oficinas de turismo dos concellos

A Xunta de goberno tamén deu luz verde ás bases para que os concellos con oficinas de turismo adheridas á Rede Info Rías Baixas opten a subvencións da institución para contratar a persoal este ano 2021, ás que se destinan 200.000 euros. O obxectivo desta axudas, cuxa tramitación adianta este ano a Deputación, é garantir unha rede de oficinas turísticas profesionalizada, e dotada de persoal con capacitación “para poder seguir a traballar por un sector que é fundamental e que todos esperamos se poida recuperar canto antes”.

Estas axudas van chegar ás 24 oficinas adheridas: A Guarda, A Estrada, Sanxenxo, O Grove, Caldas, Cangas (con 2 oficinas), Moaña, Marín, Oia, As Neves, Cambados, A Illa, Meaño (2 oficinas), Silleda, Bueu, Ribadumia, Catoira, Baiona, Cuntis, Poio, Salvaterra, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Nigrán. En breve incorporarase á rede tamén a de Redondela.

Os concellos poden optar a axudas por valor de 7.000 € para contratar a unha persoa informadora, mentres que no caso dos municipios declarados turísticos (A Guarda, Sanxenxo, O Grove, Cangas, Cambados, A Illa, Baiona, Poio e Mondariz-Balneario) teñen a súa disposición axudas de 14.000 € para contratar a dúas persoas informadoras.

Carmela Silva subliñou que “ningunha outra administración ten recursos para este tipo de proxectos” e lembrou que está agora mesmo en proceso de licitación o proxecto Tourist Inside que vai permitir modernizar as oficinas de turismo na provincia no eido da dixitalización. “É unha aposta moi relevante porque os concellos teñan a mellor rede de oficinas turísticas de toda Galicia”, remachou.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement