Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La hostelería de A Guarda, otra vez protestando en la calle...


Los hosteleros de A Guarda siguen en la calle. La plataforma "Hostalería Guardesa" convocó de nuevo y esta vez no solamente fueron los hosteleros en una marcha automovilística, también numerosos vecinos los que solidariamente apoyaron y participaron. Reclaman apoyos e indemnizaciones dignas dada la muy grave situación que atraviesan.
-----------

Éxito de participación da caravana da “Hostalería Guardesa”
“A plataforma sube o nivel das súas reclamacións co apoio do pobo da Guarda”


Este sábado 6 de febreiro a explanada do Ferri da Pasaxe, punto de inicio da caravana, quedouse pequena para albergar a inxente cantidade de manifestantes en apoio á hostalaría guardesa.
Dende a plataforma lembran que neste intre a hostalaría da Guarda segue pechada por decreto sen ningún tipo de axuda directa.
“Estamos fartos de ser os que pagemos esta crise, por unha banda din que non somos os culpábeis da expansión do virus e por outra banda trátanos como se fósemos os únicos culpábeis, e as nosas familias sufrindo as consecuencias”, sinalaba un dos afectados.
Dende a plataforma “Hostalería Guardesa” queren agradecer o apoio continuado do pobo da Guarda; así mesmo, seguirán con máis iniciativas até que haxa un programa de indemnizacións directas que axude a salvaguardar o sector.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement