Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La AECT Galicia-Norte de Portugal denuncia en Bruselas el pollo montado en las fronteras por Lisboa y Madrid

Reclama a apertura coas garantías dos medios necesarios para levar a cabo un control efectivo e dentro das dispoñibilidades de vixilancia

A AECT GALICIA-NORTE DE PORTUGAL LEVA A BRUXELAS A PETICIÓN DE REAPERTURA DOS MÁXIMOS PASOS FRONTEIRIZOS POSIBLES DA EURORREXIÓN


A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) denunciou a situación creada tras o peche de todos os pasos fronteirizos existentes na Eurorrexión salvo tres -e un destes só parcialmente-, diante de representantes da Comisión Europea no marco do webinar The role of SMEs in border regions, organizado pola ARFE (Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas).

Neste contexto, A AECT da Eurorrexión reclamou que se volvan abrir o máximo número de pasos posibles, garantindo os medios necesarios para levar a cabo un control efectivo dos mesmos e lamentou que "non se tivera aprendido nada" das consecuencias do peche de fronteiras do ano pasado.

O peche de 24 dos 27 pasos, que entrou en vigor o pasado 31 de xaneiro, veu a agravar as negativas repercusións socioeconómicas da pandemia da covid-19 na "raia", moi especialmente nas Eurocidades. Este impacto negativo tamén o sufriron transportistas e traballadores transfronteirizos, que, aínda estando autorizados a moverse entre Galicia e Portugal, víronse obrigados a soportar longas colas de varias horas e, nalgúns casos, a realizar ata 200 quilómetros máis ao día para poder cruzar a fronteira.

A apertura do máximo número de pasos fronteirizos posibles dentro das dispoñibilidades de vixilancia, para aqueles autorizados a desprazarse entre os dous países, non socavaría os esforzos para conter a pandemia. É máis, a actual situación está a provocar aglomeracións nos pasos que seguen abertos, especialmente nos horarios de entrada e saída do traballo, e pode facer que quen ten que realizar percorridos máis longos opten por compartir os vehículos para aforrar custos, co consecuente incremento das posibilidades de contaxio. Ao que hai que engadir os prexuízos para a calidade de vida dos traballadores, a economía, e, mesmo, o medio ambiente.

Estudo europeo sobre as repercursións do peche

Esta non é a primeira ocasión en que a AECT da Eurorrexión leva ata Bruxelas a problemática derivada do peche dos pasos fronteirizos; recentemente colaborou cos expertos da DG REGIO no estudo The effects of covid-19 induced border closures on cross-border regions, no que a de Galicia e o Norte de Portugal foi unha das 20 fronteiras estudadas.

(In "Ourense Dixital"


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement